Skip to Content

O fafarrún

Poema de Gloria Sánchez

 

O fafarrún

O un é un fafarrún,
o dous é normal,
o tres, sideral.

O catro é un montón,
o cinco un toleirón,
o seis… non seis, non sei!

O sete vai e mete,
o oito, capiroito,
o nove non se move.

Co dez… paso da conta.
Xa me cansei!!

Gloria Sánchez

 

 

 

 

 

 



book | by Dr. Radut