Skip to Content

Néfele quere saber máis

NÉFELE QUERE SABER MÁIS

Néfele, a deusa das nubes vive soa, ten un can feito de nubes que creou ela mesma. Sempre leva o cabelo peiteado cunha coleta. É moi agradable pero cando se enfada fai que chova e provoca tormentas.

-Ultimamente está chovendo moito en Galicia é so pola miña culpa, se sigue así, vai acabar inundada- dicíase Néfele.

-Ai se fose ta intelixente coma Albert Einstein!- seguía pensando Néfele- Como podo saber canto chove. Xa sei! Podo utilizar o pluviómetro. Pero como baixo das nubes?

Quedou un bo rato pensando e... se estudando  os planos e investigación dos que inventaron o avión, os irmáns Wilbur e Oliver Wright,  poderían fabricar un para ela?

Ao cabo de cinco días xa tiña o seu avión de nubes construído. Baixou a Terra e escondeu o pluviómetro.

De regreso a súa casa escoitou as noticias meteorolóxicas  no telexornal nubense.

Dicían que en Galicia, por fin , acabarían as precipitacións, e anunciaban unha semana enteira de moito calor onde lucirá o sol tódolos días.

Só quero medir a cantidade de chuvia, isto non pode pasar.

Foi falar con Helios o deus do sol.

-Por que tes qué lucir tanto en Galicia a próxima semana. Eu só quero saber canto chove en Galicia cun pluviómetro?- dicíalle Néfele

-Señorita, ou debería dicir Deusa das Nubes, eu non sei que é un pluviómetro, quen o inventou?- pregunta Helios

-É un aparello que serve para medir a cantidade de chuvia e foi inventado por Robert Hooke- responde Néfele

-Disculpe que lle diga que me parece que está equivocada, mmm.. Teño unha pregunta. Quen inventou o calor?... Son eu, pero o frío Inventáchelo ti?

- Non Helios, o frío é so unha ausencia de calor- responde Néfele.

Helios volveu a preguntar- Que é a escuridade? Existe ou non?

Néfele respóndelle con moita seguridade-  a escuridade tampouco existe, é so a ausencia de luz. Si vostede non existira non habería luz e estaríamos todos a escuras, iso foi o que dixo o científico Albert Einstein.

Helios quedou calado un rato e logo dixo- Ben, deusa das nubes, saldrei mañá para compracer a xente e logo deixarei que  as túas nubes me cubran para que  poidas facer o que queiras.

Néfele marchou contenta.

Como prometera, Helios non quentou demasiado e pola tardiña deixou que Néfele esparexese a súa chuvia. E así puido medir a cantidade de auga caída aquel día.

Fixo os xogos do xornal, eran preguntas sobre científicos e acertounas todas. Foise a durmir moi contenta.
 

Autor: Helios



book | by Dr. Radut