Skip to Content

Fin de curso AFA Limiar

Ola a todas as familias:

A AFA Limiar do Manuel Sueiro queremos convidarvos á festa de fin de curso que se celebrará o vindeiro martes día 20 de Xuño no centro a partir das 16:00 horas.

Gustaríanos convidarvos a colaborar aportando algo de merenda para compartir: froita, doces caseiros, bocadillos ou o que vos apeteza (evitando snacks, chucherías e bebidas azucaradas)

Temos a sorte de ser un centro multicultural e estaría xenial poder probar comidas doutros lugares do mundo. En canto á bebida, pedimos que cada nena e cada neno leve a súa propia botelliña de auga, así aforramos plástico e coidamos do noso planeta.

Na festa haberá as seguintes actividades:

  • 16:00- 16:15: Actuacións de Teatro e Danza (aula de psicomotricidade).
  • 16:30-17:30: Xogos tradicionais (polideportivo).
  • 17:30- 18:00: Merenda comunitaria.
  • 18:00: sorteos, música e festa da auga (se o tempo o permite).

En canto a organización das rifas e da festa da auga, comunicarémosvolo na maior brevidade posible.

Tamén necesitaremos axuda para carrexar os xogos tradicionais, dende a Plaza Daniel González ata o centro.


RIFAS PARA O SORTEO


AdxuntoTamaño
Info para as familias FESTA FIN DE CURSO.pdf131.5 KB
IMG-20230612-WA0005.jpg161.3 KB
Instruccións rifas.pdf47 KB


page | by Dr. Radut