Skip to Content

Visita ao supermercado Gadis

O alumnado do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou tres visitas ao supermercado GADIS no centro comercial Pontevella dentro do programa Alimentes.

A visita estivo estruturada 7 zonas nas que mostraron a noso alumnado as características dos alimentos, o seu empaquetado, a distribución e a súa importancia para unha dieta saudable.

A primeira das zonas consistiu nunha explicación da importancia da roda dos alimentos nos que nos amosaban os cinco apartados máis importantes para unha dieta saudable: vexetais (froitería), froitas (froitería), cereais (panadería), carnes, peixes, legumes, ovos e froitos secos (carnicería, peixería e estantes dos supermercados) e auga.

A segunda das paradas foi na froitería na que nos ensinaron produtos de proximidade con diferentes formas e sabores nos que destacamos as froitas como as laranxas, peras, mazás, pomelos,... e hortalizas.

A terceira das paradas foi a panadería na que observamos os diferentes tipos de pan como o tradicional (pan de Cea) ou o elaborado (pan de molde en bolsa).

A continuación fomos a peixería na que nos amosaron os diferentes peixes sabendo diferenciar o peixe branco do azul e algún peixes que nunca víramos como as raias. O que máis nos sorprenderon foron os polvos.

Despois da peixería foron a charcutería no que descubrimos a grande cantidade de produtos elaborados que non deberían estar na nosa dieta.

A sexta das zona foi a carnicería na que puidemos aprender a diferencia entre carnes vermellas e carnes brancas.

A última das zonas foi a zona das bebidas nas que descubrimos a “Kombucha” ou fungo do te, sendo unha bebida fermentada feita a base de te cuxa fermentación se obtén a través do cultivo de bacterias e lévedos. A bebida máis importante para o noso organismo e a mellor para unha dieta saudable é a auga.
O supermercado GADIS agasallounos cunha mochila cunha mazá e unha botella de auga. 

A visita foi xenial... e como sempre despois dun bo traballo rematamos cunha boa merenda e na zona de xogos.

VISITA DE EDUCACIÓN INFANTIL

VISITA DE 1º, 2º e 3º de Ed. PRIMARIA

VISITA DE 4º, 5º e 6º de Ed. PRIMARIA

 

 



page | by Dr. Radut