Skip to Content

Despedida das profes de prácticas

O Xoves de Comadres tocou despedir ás cinco mestras de prácticas que nos acompañaron desde comezo de curso no noso traballo escolar. Como xa ven sendo habitual, foron moitas as bágoas que derramou o alumnado e mesmo o profesorado… motivo polo cal se teñen que sentir moi satisfeitas xa que é o mellor indicativo de que deixan pegada no CEIP Manuel Sueiro.

Toda a comunidade educativa agradécelles o seu bo facer e a súa excelente disposición ao traballo cos nenos e nenas, e felicitámolas por todo o traballo desenvolvido neste período de tempo.

Esperamos e desexamos que todo lles vaia ben e que nun futuro próximo volvan ao centro como novas compañeiras do noso claustro.

 



page | by Dr. Radut