O 4 de febreiro presenciamos mo auditorio municipal o espectáculo de monicreques de tamaño medio titulado "Safari" e que en forma de fábula nos falou dun tema nada fantasioso, o acoso escolar e que foi posto en escena pola compañía Baldufa.
Os dous protagonistas, Piñote e Calabacín, investigadores profesionais entran na sabana para resolver a misteriosa desaparición do león. No seu traballo de investigación cuestionan a xirafa, o mono, o elefante e o cocodrilo e atopan o león triste e asustado. Os investigadores tratan de descubrir as razóns deste pesar e desta fuga e teñen a firme vontade de resolver o caso.
Con esta posta en escena, Baldufa, convídanos a reflexionar sobre o acoso escolar.
A través da educación e do traballo, pódense potenciar actitudes e comportamentos positivos que permitan unha convivencia doce e tranquila.