Eventos
O martes 07 de maio de 2024 a Policía Nacional realizará a visita ao CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro dentro do Plan Director ás 10:00 horas.
O xoves 9 de maio de 2024 o alumnado e familias do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro correremos pola a favor das entidades Save The Children e UNICEF. A carreira realizase na pista deportiva da Universidade de Vigo no campus de Ourense e o alumnado acudirá a ela camiñando dende o centro educativo. A saída será ás 09:15 horas do colexio.
O xoves 9 de maio de 2024 o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizara a actividade Pasea pola túa cidade. A actividade comenzará as 12:00 horas e o alumnado irá camiñando saíndo do centro educativo ás 11:15 horas.
O alumnado de Educación Infantil realizará a visita á Biblioteca Provincial o 10 de maio ás 10:30 horas. A saída será en autobús (10:00 horas)
O martes 14 de maio de 2024 o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizará a visita a Comisaría da Policía Nacional dentro o obradoiro Plan Director ás 10:30 horas.
O martes 14 de maio o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria acudirá ao Auditorio de Ourense para realizar o obradoiro Dobraxe na Escola ás 11.00 horas.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizará a actividade Saída escolar. A Coruña o martes 21 de maio de 2024 con saída ás 08:30 horas e chegada ao centro educativo ás 20:00 horas.
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizará a actividade Día dos Museos o martes 21 de maio de 2024ás 12:00 horas. A saída será do centro educativo camiñando ás 11:00 horas.
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria realizará a actividade Visita bibliotecas municipais o martes 21 de maio de 2024 ás 10:30 horas (máximo 30 alumnos/as) na Biblioteca de A Ponte.
O martes 28 de maio o alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria acudirá ao Conservatorio Provincial para participar no Conto musicado.
O alumnado de 4º e 5º de Educción Primaria realiza, xunto con outros centros da provincia de Ourense, na Praza Maior de Ourense a I Convivencia Musical. O alumnado irá camiñando. A actividade será o mércores 29 ás 11:00 horas.
O venres 31 de maio de 2024 a AFA Limiar realiza a súa festa de fin de curso.