Eventos
O venres 19 de maio de 2023 no CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizaranse un obradoiro no que se iniciarán a Ximnasia Artística para o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria.
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizará o obradoiro "Iniciación ao golf" o venres 19 de maio ás 09:30 horas.
O luns 22 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas a partir das 12:00 horas.
O martes 23 de maio o alumnado de Educación Primaria CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizará un obradoiro de mindfulness. Realizaranse tres obradoiros.
O alumnado de Educación Infantil realizará a actividade Pasea pola túa cidade o xoves 1 de xuño de 2023. Saida do colexio en autobús ás 11:15 horas.
Hoxe, todo o centro participará nesta actividade de carácter benéfico nas instralacións deportivas da Universidade de Ourense.
O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizará unha carreira solidaria Kilómetros Solidarios o venres 2 de xuño en horario de 10 a 13 horas na pista de atletismo da Universidade de Vigo no Campus de Ourense en favor de Save the Children
O alumnado de Educación Infantil realizará a excursión de fin de curso o martes 13 de xuño de 2023 á vila de Allariz. A saída será ás 09:00 horas e o regreso ás 16:00 horas.
![Events at <em>CEIP Manuel Sueiro</em> Distribuir contido](/centros/ceipmanuelsueiro/misc/feed.png)