Skip to Content

3º Curso

Sementamos cenoiras no invernadoiro do colexio.

 

O xoves desta semana fomos sementar cenoiras ao invernadoiro do colexio.

O profe Xan deunos unhas poucas sementes a cada un, fixemos unha fila e fomos botándoas,  un a un,  no anaco de terreo de 3ºA.

Ao acabar, Xan remexeu a terra cun angazo para cubrir as sementes. E agora, esperar a que medren !!

Daniela e Martín

 
   

 

 

 

 

 

 

Visita ao Museo de Historia Natural da USC

 
   

O martes desta semana fomos ao Museo de Historia Natural da Universidade.

 Alí un guía fíxonos preguntas sobre animais e plantas desecadas, que se podían ver no museo. Tamén nos mandou buscar en diferentes ecosistemas a pita do monte e explicounos como “ ligaba “. A continuación vimos un rato, que tiña a cola tan longa como o seu corpo, que vive nos ríos.

Mentres uns visitaban o resto do museo na planta de arriba , outros faciamos unha actividade, despois intercambiámonos.

Arriba vimos tres coleccións de minerais,unha era de minerais valiosos, outra de xemas que estaban nunha caixa forte e a outra das pedras máis comúns dos sitios de Galicia. Tamén había unha colección de madeira que valía máis que todas as coleccións de minerais xuntas.

Noutra sala tiñan un esqueleto de velociraptor e unha moa de mamut. Ademais, o guía contounos unha historia sobre a tartaruga máis grande do mundo e falounos sobre a vida do perezoso.

Despois da visita guiada, tivemos unha actividade que consistiu en pintar distintos ecosistemas.

Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas que non sabiamos.

Ángela e Adrián

 

Mais fotos

 

Obradoiro de alimentación no Eroski e visita ao Museo do Mar de Noia

O alumnado de terceiro fomos a un supermercado Eroski de Noia para  participar nun obradoiro sobre alimentación e hábitos saudables.

Primeiro miramos a información nutricional de varios alimentos e aprendimos o que era o semáforo nutricional, logo fixemos unha compra ficticia con carritos. A continuación, colocamos os alimentos na piramide alimentaria.

Por último déronnos brochetas de froita e agasallos.

No Museo do Mar vimos distintos elementos dun barco, unha mandíbula de tiburón e incluso unha bóla de cañón. Tamén tiñan un gran belén mariñeiro, ao redor do cal cantamos a seguinte panxoliña:

Belén,

un máxico belén,

Aquí neste museo

montamos un belén.

 

Diego e Álvaro

 
   

 

Fotos

 

Encontro na biblioteca co escritor David Fernández Sifres

 

David Fernández, o autor de Un intruso en mi cuaderno, ¡ Que vienen los marcianos ! e ¡ Que vienen los fantasmas!, pasou polo colexio para falarnos dos seus libros e dalgunhas anécdotas da súa infancia.

Tiñamos moitas ganas de coñecelo e non nos defradou. Rímonos moito cando nos contou os motivos que o levaron a escribir, entre eles para que unha rapaza lle fixese caso,  e para  poder inventar mentiras sen que os seus pais lle rifasen, máis ben ao contrario, porque estaban orgullosos do ben que escribía.

Tamén nos levamos unha sorpresa cando apareceu cunha pantasma da que penduraban unhas piruletas, que regalaba a quen acertara as preguntas que facía.

Rematou o encontro asinando exemplares dos seus libros.

 

Obradoiro creativo con Sonia Esturao

 

 

A artista plástica Sonia Esturao impartiu no noso Centro un obradoiro que forma parte do Programa desenvolvemento Creativo, que está a desenvolver o MAC ( Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa ) en colexios e institutos.

O obradorio What eyes can´t see, impartido en inglés, consistitu nunha presentación inicial onde puidemos ver distintos exemplos de ilusións ópticas, que nos demostran que non sempre o que vemos é o que é na realidade. A continuación fixemos unha escultura de papel baseada nos conceptos presentados.

 

   

 

 

 MÁIS FOTOS DO OBRADOIRO

 

 

 

Teño medo a... ( baseado nun poema de Xabier Pérez Docampo )

 

A ter que marchar da casa e non volver

 A que o mundo estivese en negro

 A que o mundo estivese en branco

 A quedar so no vacío 

 A non crecer nunca e quedar pequeno

 A non ter nacido.

 

A que morran os meus pais 

A que morran os meus cabalos

A que morra a miña mascota

A morrer eu

A que morran todos menos eu .

 

A non ter amigos

A telos e quedar sen eles

A estar só para sempre.

 

A ter que ir ao colexio todos os días

A quedarme sen colexio 

A que non houbera libros

A que non houbera natureza

A non ter o carné de conducir no futuro.

 

 A caer dun avión voando

 A quedar parapléxico e non poder xogar ao fútbol

 A morrer estupidamente por pillarme un coche 

 A quedar inútil e non poder montar a cabalo .

 

A pasar fame sen motivo

A non ter diñeiro 

nin casa 

nin roupa 

nin comida

A non ter un bo futuro.

 

Ás abellas

 Ás arañas

Aos ratos

Aos gatos

porque me producen  pesadelos.

 

A que haxa guerra

A que me maltraten

A non poder superar os meus medos.

 

Comezamos o novo curso 2015/16 escribindo un poema das nosas vacacións.

 DE VACACIÓNS

 

Chámome Álvaro                                                                          

 fun a Francia,

e había moita distancia.

 O meu amigo Diego

foi a Valencia,

á Cidade da Ciencia.

 

O meu nome é Martín,

fun a Menorca

comprei un calcetín

e un cómic de Tintín.

Meu compañeiro Pablo

estivo en Fuerteventura

e viu un diablo.

 

 Chámome Lucas

fun a Cabárceno,

alí atopei un home que vendía perrucas.                                           

 

Meu amigo Daniel

foi ao hipódromo de Antela

e tamén a hípica de Boullón

coa súa amiga Violeta.                                                                             

 

Eu son Brais

fun a Vigo

e fixen un amigo.

O meu compañeiro Jose Manuel  

foi a Lugo,

e di que viu un museo moi chulo !

 

 

Chámome Sophia

visitei Mallorca

e montei no King Cobra.

A miña amiga Carolina

foi á praia e tamén á piscina.

 

 Chámome Carlota

fun a Portugal

e parei nunha casa rural.

Tamén Alex,

estivo en Portugal,

nun hotel con spa.

 

Chámome Lorena

fun á Pobra                                                                                  

e cortei a melena.

A miña amiga Ángela

estivo en Cabárceno

e viu un cabalo.

 

Eu son Kim ,

nas miñas vacacións

vin un delfín

e saltei dun trampolín.

A miña amiga Cristina

foi a un campamento

onde facía moito vento.

 

 Chámome Daniela

fun de vacacións a Bueu

e logo a Redondela.

O meu compañeiro Adrián,

estivo  de vacacións en Oropesa Del Mar,

e foi en catamarán.

                                                                                            

 

Chámome Antón,

fun ao zoo de Madrid,

alí vin un león

e tamén un mandril.                                                                  

A miña profe María

foi a Portonovo

e deu un paseo pola ría.

 

 

 

O ALUMNADO DE TERCEIRO NA CORUÑA

O pasado venres, 29 de maio, o alumnado de 3º de Primaria do Ceip. Pedrouzos foi á Coruña.

Primeiro foron ao porto onde viron peixes e mariscos. Tamén fixeron un simulacro de subasta e puideron contemplar o transatlántico Oriana.

Máis tarde foron comer ao Forum Metropolitano e tamén puideron xogar un pouco no parque.

A continuación foron a un museo onde había unha exposición sobre Isidoro Brocos e Picasso. Nel aprenderon cousas sobre estes dous artistas e fixeron un caderno coma os deles.

Finalmente saíron ao Paseo Marítimo para ver sair ao outro transatlántico, o Costa Fortuna, que xa marchara e case non o puideron ver. Aproveitaron para merendar e camiñar ata o castelo de San Antón.

Por último volveron ao cole e chegaron ás oito. Quedaron moi contentos por aquel maravilloso día.

                                                                           Reporteiras/os de 3º

     

VISITA DE PEPE MAESTRO EN PEDROUZOS

 O escritor e contador de historias Pepe  Maestro visitounos o pasado mércores, 15 de abril, porque o alumnado de 3º e 4º de Primaria,  estivemos lendo o primeiro libro que publicou: EL CIRCO DE BALTASAR. Falounos de que antes traballaba no circo coma domador de pulgas. Contounos un conto dun neno que se chamaba Epaminondas. Despois, revelounos algunhas vivencias das que sacou ideas para escribir ese libro coma, por exemplo, a historia do can das tres patas. Tamén aproveitou para darnos algún pequeno susto e hipnotizarnos. Finalmente asinounos o libro. Encantounos coñecelo.

                                                     Alumnado de 3º de Primaria

Avaliación de diagnóstico 3º de Primaria

Informamos que no mes de maio de 2015, con toda probabilidade, o alumnado de 3º de primaria terá que facer unha avaliación de diagnóstico co obxectivo de:

comprobar el grado de dominio de las destrezas, capacidades y habilidades en expresión y comprensión oral y escrita, cálculo y resolución de problemas en relación con el grado de adquisición de la competencia en comunicación lingüística y de la competencia matemática

segundo se indica na Ley Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).

Co obxectivo de ofrecer información e orientación a comunidade educativa achegamos un modelo de probas escritas e unha dirección en internet na que poden consultar e realizar múltiples recursos.

As actividades escritas entregadas, tamén se realizan na aula de forma “grupal”, polo que son coñecidas para o alumnado. Anque na casa lle podemos axudar a comprender e razonar os exercicios, e moi importante que cada neno/a comprenda os enunciados e resolva por si mesmo as tarefas.

http://www.mecd.gob.es/inee/Evaluacion_tercero_Primaria.html

Distribuir contido


by Dr. Radut