Skip to Content

3º Curso

Day of the Dead Collage

Aquí podedes ver algúns exemplos dos collages que fixemos na clase de Plástica, inspirados na festividade mexicana do Día dos Mortos. Non só falamos da tradición mexicana, senón tamén de simetría.

Eu destacaría a súa orixinalidade. Non hai dous iguais !!

Cos nosos afillados e afilladas de lectura de 5ºA de Infantil

 

 

Hoxe tivemos o nosos primeiro encontro cos que van ser os nosos afillados de lectura ao longo do curso. Como era a primeira vez que nos xuntabamos decidimos facer algo especial : Un marcapáxinas para sinalar os libros que vaiamos lendo xuntos.

Utilizamos materiais tan variados coma cartolinas de cores, ollos móbiles, pompóns, fitas, plumas...Todo o que se nos ocorreu!! Quedáronnos uns marcapáxinas ben chulos!! Pero o mellor de todo é que nos axudamos uns aos outros e pasamos un bo rato. Estamos desexando que sexa martes para poder volver facer outra actividade cos nenos e nenas de 5ºA.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O pasado xoves, 1 de xuño, o alumnado de 3º fomos de excursión a Redondela e a Vigo.

Primeiro, visitamos o museo de Meirande. Ali explicáronnos moitas cousas sobre a batalla de Rande e ensináronnos: maquetas de barcos, onde dormían, canóns...  Tamén nos contaron que aquel edificio, antes era unha fábrica, "A FÁBRICA DO ALEMÁN " onde enlataban o  peixe.

A continuación, embarcamos no embarcadoiro de Meirande e fomos camiño ás illas de S. Simón e S. Antón . Alí déronnos  un tempo para o tentempé de media mañá e logo percorrémolas aproveitando a explicación das guías. Entre outras cousas, enterámonos  que tiveran moitos  usos: un hospital,unha cárcere e un refuxio para nenos e nenas que non tiñan quen os coidaran.

Logo, desembarcamos en Cesantes e fomos ata a praia de Cesantes. Alí comemos, xogamos e compramos un xeado.

Pola tarde fomos ao monte O Castro en Vigo, dende o que desfrutamos das boas vistas da cidade. Tamén fomos a ver  as casas antigas dos romanos e castrexos,as dos romanos eran cadradas e as dos castrexos circulares.

                                                                      

       FOI UNHA EXCURSIÓN  MOI     DIVERTIDA E ENTRETIDA,

       TODO GRAZAS A ESTES  MARABILLOSOS PROFES:

        ANA ,PAZ ,XOSÉ ANTONIO E MANUEL.

        E MOITAS GRAZAS A BEGOÑA E A BELÉN

        POR ACOMPAÑARNOS.

 

        XIANA TRENCO e IRIA  CASTRO

 

       

VISITA DE PEPE MAESTRO

Hoy, 21 de marzo, Pepe Maestro, vino a visitarnos a la biblioteca. Alli le preguntamos cosas y él nos enseño unos libros que  habia escrito, que eran para distintas edades. Uno, El circo de Baltasar y el otro que nos contó que iba sobre un niño que no sentia miedo. Y,por último, nos dió un susto aunque ya nos lo esperabamos y nos firmó los libros.

MADAMAS E GALÁNS EN PEDROUZOS

O pasado mércores, 15 de febreiro, visitáronnos dúas parellas de Madamas e Galáns de S. Adrián de Cobres. Bailaron dúas danzas tradicionais galegas para todo o alumnado.

As Madamas levaban moitos colares e ao bailar facÍan moito ruÍdo.

Despois, os de terceiro, fomos á biblioteca. Contáronnos como facían o traxe e fixémoslles moitas preguntas. Tamén nos explicaron: como se poñian os traxes, como facían o sombreiro, como cosían os abalorios, como se sacaban o traxe... Eran moi vistosos.

Algunhas das cousas que máis nos impresionaron foi que levaban moreas de abalorios por todo o corpo e que o sombreiro podía pesar ata 9 kg.

Alejandra e Laura S., alumnas de 3º

 

 

 

Excursión de fin de curso aos muiños da Barosa

 
   

Onte, 8 de xuño, fomos todos os terceiros de excursión de fin de curso aos muiños da Barosa, no concello de Barro.

Cando chegamos un monitor chamado Gonzalo, "o panadeiro tolo"( coma el se chamaba a si mesmo ) ensinounos a facer pan, pizzas,croasáns e trenzas. Despois déronnos un  almorzo de media mañá. A continuación tocounos con Lucía, que nos ensinou un forno de pedra antigo e as ferramentas necesarias para utilizalo

Último día de clase con Stefanie, a nosa auxiliar de conversa

 

O último día de clase coa nosa auxiliar de conversa cambiamos a Plástica polo ioga. Stefanie ensinounos algunhas posturas básicas como a da árbore e distintos xogos para que os nenos e nenas, ademais de practicar ioga, tamén tiveran que falar en inglés. Foi unha experiencia  moi divertida, que seguramente repetiremos cando ela volva para o curso que vén. Grazas Stefanie!!

 

Instalamos unha estación meteorolóxica no colexio

Dende a semana pasada temos instalada unha estación meteorolóxica no tellado do edificio de Infantil. Antes de ser montada, o director explicounos un día de que partes consta e o seu funcionamento.

A estación meteorolóxica está composta por un anemómetro, unha veleta, un pluviómetro, un termómetro, un higrómetro e un barómetro, conectados ao que chamariamos o cerebro da estación,ademais dunha batería, que funciona grazas a unha  pequena placa solar.

A estación ten unha antena que manda información sobre o tempo a unha pantalla , que se conecta a un ordenador e permite descargar e rexistrar nun programa numerosos datos meteorolóxicos ( temperatura, humidade, pluviosidade, velocidade do vento … )

Os datos da nosa estación meteorolóxica van estar vinculados a unha páx. Web, e imos poder consultalos en calquera momento nos ordenadores das aulas.

Daniela e Álvaro.

 

Charla sobre acuicultura

O biólogo Rubén Faraldo, pai dun compañeiro noso, deunos unha charla sobre acuicultura, que é a técnica e actividade do cultivo de especies animais e vexetais acuáticas. El falounos sobre todo da cría de rodaballo e linguados, xa que durante esta semana tivemos nunha aula un acuario con algúns destes peixes, aos que puidemos dar de comer e observar como se comportan.

Rubén explicounos como se reproducen ,como é a súa metamorfose, como os alimentan, como se vacinan, como os transportan dun tanque a outro para separalos por tamaño...

Ao final puidemos tocalos. Uns eran moi suaves, os rodaballos, e outros rascaban un pouco, os linguados, porque teñen escamas.

Encantounos a charla porque aprendemos moitas  cousas que non sabiamos.

Lorena e Kim

Visita ás instalacións de Meteogalicia e ao MUPEGA

 
   

 Máis fotos

Hoxe fomos ás instalacións de Meteogalicia e ao MUPEGA, en Santiago de Compostela.

En Meteogalicia asistimos ao lanzamento dun globo sonda. Primeiro vimos como inflaban o globo sonda ,despois como lle enganchaban un aparello chamado radiosonda , que é o que vai mandar información, a un ordenador, sobre a presión atmosférica, a humidade e a temperatura. Finalmente, dous dos nosos compañeiros axudaron a soltalo.

A continuación estivemos na sala de control vendo o que gravaban algunhas das cámaras que están distribuidas por toda Galicia para mostrarnos o tempo que fai en todo momento. Había que estar moi calados, porque podían chamar en directo de calquera medio de comunicación para preguntar sobre o tempo.

Distribuir contido


by Dr. Radut