Skip to Content

3º Curso

CARTEIS FESTA FIN DE CURSO

Mañá, venres 21 de xuño, celebraremos o remate de curso. 

Fixemos uns carteis para anunciar o programa da xornada.

E estamos  moi  contentos  por  ter actividades distintas. Contamos pasalo xenial e así despedímonos ata setembro que volveremos a estar xuntos e contar as vivencias e anécdotas das vacacións. 

                                                               Alumnado de 3ºB 

 

 

 

   

 

   

 

 

TRAXE ENTROIDO 19 - 3º Primaria

Xuntamos o manual en PDF para a elaboración do traxe para o entroido para 3º de primaria.

Premas nas imaxes para descargalo.

Na aula virtual, pode acceder a toda a documentación e videos. AULA VIRTUAL

Obradoiro de bisutería

 
   

Tania, nai de Daniela Carril, ensinounos a facer colares, pendentes e pulseiras. Saíron unhas combinacións de abalorios preciosas!!

No Monte Pedroso

Rematamos a nosa saída do 19 de xuño comendo no parque da  Granxa do Xesto.

 
 

Na Cidade da Cultura

Visita guiada á  Cidade da Cultura, onde descubrimos  a arquitectura do complexo deseñado por Peter Eisenman, que se inspirou no casco histórico de Santiago,  as Torres Hejduk e o Xardín Literario adicado aos escritores e escritoras galegos.

No Mupega

   

Meteogalicia


   

O 19 de xuño estivemos en Meteogalicia, onde asistimos ao lanzamento dunha radiosondaxe e dúas sesións formativas sobre meteoroloxía e aparellos meteorolóxicos.

Campbell´s Soup Cans

   

De picnic cos nosos afillados e afilladas de lectura

   

Para despedir o curso fomos ao parque de Lamiño cos nosos afillados e afilladas de lectura, alí fixemos un picnic e logo xogamos un pouco no parque infantil.

No pazo do Faramello

Gonzalo, o dono deste pazo barroco do s.XVIII, situado no concello de Rois, ensinounos os arredores do pazo, onde destacan unha pequena capela con cruceiro e   os muiños sobre o río Tinto que daban servizo á antiga  fábrica de papel, sobre o teito desta fábrica puidemos ver uns xardíns franceses, onde se atopa o acivro máis grande de Galiza, árbore que aparece no escudo de Rois. O Camiño de Santiago portugués pasa ao lado do seu fermoso bosque.

Para rematar a visita plantamos unha árbore, chamada árbore do amor por ter as follas en forma de corazón, no Xardín do Recordo, en memoria das víctimas do accidente de tren en Angrois.

   

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut