Skip to Content

No pazo do Faramello

Gonzalo, o dono deste pazo barroco do s.XVIII, situado no concello de Rois, ensinounos os arredores do pazo, onde destacan unha pequena capela con cruceiro e   os muiños sobre o río Tinto que daban servizo á antiga  fábrica de papel, sobre o teito desta fábrica puidemos ver uns xardíns franceses, onde se atopa o acivro máis grande de Galiza, árbore que aparece no escudo de Rois. O Camiño de Santiago portugués pasa ao lado do seu fermoso bosque.

Para rematar a visita plantamos unha árbore, chamada árbore do amor por ter as follas en forma de corazón, no Xardín do Recordo, en memoria das víctimas do accidente de tren en Angrois.

   

 

 



story | by Dr. Radut