Skip to Content

Obradoiro de ciencia

Membros da Sociedade Xuvenil Galega de Química impartiron  un obradorio de ciencia  no que fixemos varios experimentos, con nomes tan suxerentes como : 

- Cromatografía : Comprobamos que algúns rotuladores están formados por máis dunha cor usando esta técnica de separación e purificación de compostos químicos.

- Inverno nunha cunca : Fixemos neve artificial con poliacrilato de sodio, polímero superabsorbente que multiplica o seu volume cando se hidrata.

- Basilisco do inferno: A combustión da mistura de bicarbonato e azucre produce carbono e CO2,  formando unha escuma sólida, que realmente parecía un bicho do máis alá.

- Esferificación de Coca Cola aplicando alginato.

Esperamos ter despertado a curiosidade e o interese pola ciencia do noso alumnado, e quen sabe se desta experiencia sae algunha química ou químico no futuro !!

Máis fotos



story | by Dr. Radut