Skip to Content

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O pasado xoves, 1 de xuño, o alumnado de 3º fomos de excursión a Redondela e a Vigo.

Primeiro, visitamos o museo de Meirande. Ali explicáronnos moitas cousas sobre a batalla de Rande e ensináronnos: maquetas de barcos, onde dormían, canóns...  Tamén nos contaron que aquel edificio, antes era unha fábrica, "A FÁBRICA DO ALEMÁN " onde enlataban o  peixe.

A continuación, embarcamos no embarcadoiro de Meirande e fomos camiño ás illas de S. Simón e S. Antón . Alí déronnos  un tempo para o tentempé de media mañá e logo percorrémolas aproveitando a explicación das guías. Entre outras cousas, enterámonos  que tiveran moitos  usos: un hospital,unha cárcere e un refuxio para nenos e nenas que non tiñan quen os coidaran.

Logo, desembarcamos en Cesantes e fomos ata a praia de Cesantes. Alí comemos, xogamos e compramos un xeado.

Pola tarde fomos ao monte O Castro en Vigo, dende o que desfrutamos das boas vistas da cidade. Tamén fomos a ver  as casas antigas dos romanos e castrexos,as dos romanos eran cadradas e as dos castrexos circulares.

                                                                      

       FOI UNHA EXCURSIÓN  MOI     DIVERTIDA E ENTRETIDA,

       TODO GRAZAS A ESTES  MARABILLOSOS PROFES:

        ANA ,PAZ ,XOSÉ ANTONIO E MANUEL.

        E MOITAS GRAZAS A BEGOÑA E A BELÉN

        POR ACOMPAÑARNOS.

 

        XIANA TRENCO e IRIA  CASTRO

 

       



page | by Dr. Radut