Skip to Content

Excursión de fin de curso aos muiños da Barosa

 
   

Onte, 8 de xuño, fomos todos os terceiros de excursión de fin de curso aos muiños da Barosa, no concello de Barro.

Cando chegamos un monitor chamado Gonzalo, "o panadeiro tolo"( coma el se chamaba a si mesmo ) ensinounos a facer pan, pizzas,croasáns e trenzas. Despois déronnos un  almorzo de media mañá. A continuación tocounos con Lucía, que nos ensinou un forno de pedra antigo e as ferramentas necesarias para utilizalo

Máis tarde estivemos con outra monitora chamada Nuria, que nos contou que todo o mundo pensa que o río se chama Barosa, pero non, é o río Agra. Tamén nos ensinou distintas clases de cereais, e nolos deixou tocar. Logo levounos a ver un muiño co chan de cristal.

O último monitor foi Bartolo, que nos explicou como funcionaba un muiño e de que partes constaba.Cando rematamos todas as actividades fomos comer do outro lado do río, xogamos e compramos un xeado. Antes de marchar, déronos un saco con bolos de pan, que nos repartiron os profes ao chegar ao colexio.

Ángela e Pablo

 

 

Máis fotos da excursión



story | by Dr. Radut