Skip to Content

Blogues

OLA, BENVIDOS!!!

EMPEZAMOS ESTE CURSO OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS A PRESENTÁNDOVOS Á NOSA MASCOTA: MARUXIÑA TROTAMUNDOS E TODAS AQUELAS COUSAS QUE ESTAMOS APRENDENDO A FACER.

 

  ESTA É MARUXIÑA, COMO VEDES É UNHA XOANIÑA, E VAI VISITAR AOS SEUS CURMÁNS POR TODO O MUNDO.

CON ELA APRENDEMOS A FALAR RESPECTANDO O TURNO DE PALABRA

 
 COLGAMOS A MOCHILA   COLGAMOS A CHAQUETA
 
 COLGAMOS A CHAQUETA NA PERCHA E COLLEMOS O MANDILÓN  POÑEMOS O MANDILÓN E ABOTONÁMONOS

CELEBRAMOS O CUMPREANOS DE SOPHIA!!!

O 21 DE XUÑO CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE SOPHIA, FIXO XA 6 ANOS. FIXÉMOSLLE UN LIBRO DE AGASALLO.

PODEDES VER MÁIS FOTOS DO CUMPREANOS NA GALERÍA SE PREMEDES NA FOTO.

FELICIDADES SOPHIA!!!

ACTIVIDADES DE PSICOMOTRICIDADE

Aproveito para engadir as fotos das clases de psicomotricidade que imparto ós/ás alumnos/as de infantil, e para contarvos un pouco o que facemos nesa hora semanal. Lles propoño principalmente circuítos, xogos (“o pano”, “peixes pescados”, “escondite inglés”... utilizando material variado: aros, paracaídas, túnel, pontes, etc.) cancións e bailes, volteretas, etc.

FACENDO CLIC NA IMAXEN PODEDES ACEDER Á GALERÍA DA WEB DO COLE ONDE HAI FOTOS DESTE EVENTO

Como novidade este ano, como sabedes, introducimos ademáis o ioga e foi unha experiencia que, en xeral, ós/ás nenos/as lles encantou. Estas sesións de ioga, que normalmente faciamos cara ó final da clase, as acompañabamos de vídeos infantís que motivaban aínda máis ós/ás alumnos/as. A maioría destes vídeos están en inglés, o que nos axudaba ademáis a practicar este idioma un pouco, xa que eu ía traducindo o contido e, ó final, ata se sabían a letra dalgunha das cancións.

Estes vídeos os podedes atopar en “youtube”, simplemente poñendo “yoga para niños” o “yoga for kids” (en inglés é onde atopamos máis vídeos interesantes). Aquí vos copio algunhas imaxes e algúns dos enlaces dos materiais que máis usamos:

http://www.youtube.com/user/CosmicKidsYoga

http://www.youtube.com/watch?v=g6B_OaTQm2I

http://www.youtube.com/watch?v=SP5p1gLUOHI

http://www.youtube.com/watch?v=lH7H5fTEq8U

Como vedes, o inicio desta mensaxe tamén podedes ver algúns vídeos dos nenos de 3 anos facendo ioga nas miñas clases ou descargalos nos adxuntos. Espero que vos gusten.

Saúdos e bo verán,

A mestra de psicomotricidade,

Pili Vidal

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

A colleita de froitos do noso invernadoiro.

 

O martes 4 de xuño fomos, co profesor Xan, recoller as patacas que sementaramos a finais de febreiro.Tamén estaban listos para recoller as acelgas, as cenouras, os amorodos, os cabaciños e as cebolas.

Para recoller as  patacas primeiro necesitamos un sacho e con el arrincamos a planta das patacas. Logo separamos as patacas das raíces da planta e botamos as patacas nunha caixa e a planta no noso composteiro.

No invernadoiro coincidimos cunha clase de Infantil que fora coa súa profesora para ver como se recollían as patacas.

Finalmente marchamos para a clase contentos coa nosa colleita de patacas,porque logo imos facer unha tortilla con elas e ímola comer!!!!!

Sofía Sambade e Ana Pedrosa.

 


PARABENS DANIELA NO TEU ANIVERSARIO!!!

O 26 DE ABRIL CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE DANIELA, FIXO XA 6 ANOS. FIXÉMOSLLE UN LIBRO DE AGASALLO.

PODEDES VER MÁIS FOTOS DO CUMPREANOS NA GALERÍA SE PREMEDES NA FOTO.

FELICIDADES DANIELA!!!

O NOSO INVERNADOIRO. Brais Vigo.

 

Ao principio de curso, Xaime solicitou un proxecto para o colexio: Voz Natura. Déronnos cartos para comprar un invernadoiro pequeno. Montárono os do Concello de Brión.

Os nenos do colexio, incluidos os de infantil, empezamos a sementar, a regar e a coidar as plantas.

Os nenos de 4ºC e os de 3ºC compartimos unha parcela de terra para plantar as patacas e os pementos morróns e de Padrón. O luns desta semana fomos plantar pementos con Xan.

Fai un mes plantamos as patacas e agora son máis grandes cás do meu avó. Ímolas sacar a final de curso e probarémolas para ver se están boas.

 
 


PARABENS DANIEL NO TEU ANIVERSARIO!!!

HOXE 5 DE ABRIL CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE DANIEL, FIXO XA 6 ANOS. FIXÉMOSLLE UN LIBRO DE AGASALLO.

PODEDES VER MÁIS FOTOS DO CUMPREANOS NA GALERÍA SE PREMEDES NA FOTO.

FELICIDADES DANIEL!!!

A CLASE DAS QUENLLAS SEMENTAMOS NO INVERNADOIRO

O 5 DE MARZO FUMOS CON MARI CARMEN A SEMENTAR NAS NOSAS PARCELAS DO INVERNADOIRO, NUNHA DELAS PUXEMOS FERMOSAS PLANTAS CON FLOR E NAS RESTANTES LEITUGAS E AROMÁTICAS.

ESTAS PARA QUE SE DEN MELLOR, EN VEZ DE SEMENTALAS NAS NOSAS PARCELAS, FAREMOS MEDAR UN POUCO COIDÁNDOAS NA CLASE EN PEQUENOS SEMENTEIROS.

O XACINTO E OUTROS BULVOS

HOXE A PRIMAVERA ENTROU NA NOSA AULA, AÍNDA QUE FÓRA CHOVA; FÍXOO COA OBSERVACIÓN DE VARIAS PLANTAS DE BULVO, PRIMEIRO O XACINTO.

OBSERVAMOS AS RAICES

PLANTAMOS UN LILIUM.

DESPOIS DISTO CREAMOS NA AULA UN RECUNCHO ONDE MEDRAN AS NOSAS PLANTAS.


Brotaron as patacas!!

                                                

 

O día 13 de marzo fomos  ao invernadoiro para ver se xa naceran as patacas... Naceron todas!  A planta máis grande medía  aproximadamente 6cm.

Aproveitamos para  regar as patacas, arrincar as malas herbas e remover a terra da nosa parcela. Nós fixemos un pouco, e despois Xan deulle un pequeno repaso .

Antes de marchar estivemos mirando as parcelas de infantil, nas que tiñan plantado varios tipos de flores e tamén miramos os seus carteis. Os profesores propuxéronnos facer uns carteis con información sobre as hortalizas que sementamos.

Por último, Xan díxonos  que outro día  imos plantar pementos de Padrón.  


Sonia e Alexandra, 4º C

 

   


Distribuir contido


by Dr. Radut