Skip to Content

O NOSO INVERNADOIRO. Brais Vigo.

 

Ao principio de curso, Xaime solicitou un proxecto para o colexio: Voz Natura. Déronnos cartos para comprar un invernadoiro pequeno. Montárono os do Concello de Brión.

Os nenos do colexio, incluidos os de infantil, empezamos a sementar, a regar e a coidar as plantas.

Os nenos de 4ºC e os de 3ºC compartimos unha parcela de terra para plantar as patacas e os pementos morróns e de Padrón. O luns desta semana fomos plantar pementos con Xan.

Fai un mes plantamos as patacas e agora son máis grandes cás do meu avó. Ímolas sacar a final de curso e probarémolas para ver se están boas.

 
 




blog | by Dr. Radut