Skip to Content

Blogues

INSTRUCCIÓNS PARA O DISFRAZ

ESTE ANO O ALUMNADO DE 5 ANOS VAISE DISFRAZAR DE TIBURÓN, PARA FACELO SEGUIREMOS AS SEGUINTES INSTRUCCIÓNS.

VISITA DE DANIEL MOLINOS

O PAI DE SARA E LUCÍA, DANIEL, ACHEGOUSE HOXE A FALARNOS DO MAR E DOS ANIMAIS QUE VIVEN NEL. ONTE TAMÉN ESTIVO NO COLE PARA EXPLICARLLE O MESMO AOS NENOS E NENAS DE 3 E 4 ANOS.

O QUE MÁIS NOS CHAMOU A ATENCIÓN É QUE OS MARES NON TEÑEN PORQUE SER AZUIS, PODEN TER MOITAS CORES DEPENDENDO DOS MICROORGANISMOS QUE NEL VIVEN.

PARABENS ADRIÁN D., NO TEU CUMPREANOS!!!

HOXE 18 DE XANEIRO CELEBRAMOS O CUMPREANOS DE ADRIÁN D., QUEN FIXO XA 6 ANOS. FIXÉMOSLLE UN LIBRO DE AGASALLO.

PODEDES VER MÁIS FOTOS DO CUMPREANOS NA GALERÍA SE PREMEDES NA FOTO.

FELICIDADES ADRIÁN!!!

O RECTÁNGULO, TITO E MONDRIAN

SEGUIMOS A TRABALLAR COAS FORMAS XEOMÉTRICAS E A ARTE, NESTE CASO O RECTÁNGULO E PIET MONDRIAN CO CADRO: NOVA YORK 3 (INCONCLUSO), DO MUSEO THYSSEN-BORDEMIZSA. NESTA OCASIÓN O TRABALLO ESTÁ FEITO MEDIANTE COLAXE.

ESTE É O RESULTADO.

O CALENDARIO, O NOSO NOVO PROXECTO

DECIDIMOS FACER UN CALENDARIO PARA A AULA, PERO PRIMEIRO DECIDIMOS AVERIGUAR COMO SON E EN PARELLAS PENSAMOS E ESCRIBIMOS OS ELEMENTOS QUE O COMPOÑEN.

UNHA VEZ QUE DECIDIMOS ENTRE TODOS OS ELEMENTOS QUE O COMPOÑEN PENSAMOS QUE SE QUERIAMOS SABER MÁIS TIÑAMOS QUE PEDIR AXUDA E DECIDIMOS ESCRIBIR UNHA NOTA ÁS NOSAS FAMILIAS.


PARABENS SARAY, NO TEU CUMPREANOS!!!

HOXE 9 DE XANEIRO CELEBRAMOS O CUMPREANOS DE SARAY, QUEN FIXO XA 6 ANOS, O 4 DE XANEIRO. FIXÉMOSLLE UN LIBRO DE AGASALLO.

PODEDES VER MÁIS FOTOS DO CUMPREANOS NA GALERÍA SE PREMEDES NA FOTO.

FELICIDADES SARAY!!!

CHEGARON AS VACACIÓNS DE NADAL!!!

HOXE É UN DÍA ESPECIAL, É O DERRADEIRO DÍA DE CLASE ANTES DE EMPEZAR AS VACACIÓNS DE NADAL. PARA CELEBRALO FALAMOS CON PAPA NOEL POR VÍDEOCONFERENCIA DENDE O POLO NORTE.

DESPOIS FUMOS MERENDAR POSTRES TÍPICOS DE NADAL COS OUTROS NENOS E NENAS DE INFANTIL.

FINALMENTE, ENTREGÁMOSLLE AOS PAXES DOS REIS MAGOS AS NOSAS CARTAS.

FOI UN DÍA FANTÁSTICO!!!

O MUNDO DA MAXIA

O MUNDO DA MAXIA CHEGOU Á ESCOLA GRAZAS Á ANPA, QUE NOS TROUXO ESTA MAÑÁ UN MAGO E NOS FIXO UNHA ACTUACIÓN.

ENCANTOUNOS PASÁMOLO MOI BEN.

PARABENS KIMBERLYN, NO TEU CUMPREANOS!!!

HOXE 19 DE DECEMBRO CELEBRAMOS O CUMPREANOS DE KIMBERLYN, FIXO XA 5 ANOS. FIXÉMOSLLE UN LIBRO DE AGASALLO.

PODEDES VER MÁIS FOTOS DO CUMPREANOS NA GALERÍA SE PREMEDES NA FOTO.

FELICIDADES KIMBERLYN!!!

POSTAIS DE NADAL

COMA TODOS OS ANOS OS CATIVOS DO CENTRO PARTICIPARON NUN CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL QUE FIXERON NA CASA.

TAMÉN DENDE O CENTRO FELICITAMOS A TODAS AS FAMILIAS CUNHA POSTAL QUE EN INFANTIL NÓS PERSONALIZAMOS.


Distribuir contido


by Dr. Radut