Skip to Content

Blogues

SOMOS QUEN DE SUMAR

OS NENOS E NENAS DESTA CLASE, ADICAMOS TODOS OS DÍAS UN RATIÑO PARA AVERIGUAR CANTOS ESTAMOS  E CANTOS QUEDARON NA CASA, HOXE FIXÉMOLO COS TAPÓNS.

CON ELES AVERIGUAMOS O NÚMERO DE NENOS E O DE NENAS

E AO FINAL SUMÁMOLOS.

OS LUNS Á BIBLIOTECA DO CENTRO!!

OS QUE XA NOS COÑECEDES SABEDES QUE OS LUNS BAIXAMOS Á BIBLIOTECA, "LEMOS" E ESCOLLEMOS UN LIBRO RELACIONADO CO MAR, FACEMOS UN DEBUXO E UNHA DESCRIPCIÓN DA PERSONAXE PRINCIPAL.

COMO COMEZA O NOSO NOME

ESTE CURSO IMOS TRABALLAR A POESÍA COS NOSOS NOMES, POR AGORA REPASAMOS O ABECEDARIO COA INICIAL DO ENCARGADO OU ENCARGADA DESE DÍA.

VISITÁRONNOS AS TARTARUGAS

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS A, A CLASE DAS TARTARUGAS, VIÑERON A VISITARNOS E A DARLLE DE COMER AOS PEIXES DA NOSA AULA.

ESTIVEMOS ENCANTADOS COA SÚA VISITA!!!

O CÍRCULO, TITO E KANDINSKY

AS QUENLLAS IMOS TRABALLAR AS FORMAS XEOMÉTRICAS CUN FANTÁSTICO LIBRO DE GUIDO VAN GENECHTEN: TITO FAI DE MALABARISTA.

XUNTO A TITO, KANDINSKY ACHÉGANNOS AOS CÍRCULOS CO CADRO: CÍRCULOS EN CÍRCULO.

AS SEGUINTES FORON AS NOSAS VERSIÓNS:

O NOME DA NOSA AULA

ESTE CURSO BUSCAMOS UN NOVO NOME PARA A NOSA AULA XA QUE COMO NO COLE TRABALLAREMOS O MAR NON PODIAMOS SEGUIR CHAMÁNDONOS OS PITIÑOS. ENTRE AS DIFERENTES PROPOSTAS: POLBOS, AUGAMARES, GOLFIÑOS... ESCOLLIMOS POR VOTACIÓN CHAMARNOS: AS QUENLLAS.

CALENDARIO 2012-2013

PODEDES VELO ENTEIRO EN PDF SE PREMEDES NA IMAXE

Melloras no muro

Fagamos a entrada agradable, veremos a xornada que nos espera de forma optimista.

E así foi como nos puxemos a adecentar na medida do posible o muro da entrada ao centro, polo que necesariamente pasa toda a comunidade escolar para acceder ao centro.

Primeiro mellorouse o verde, as plantas e viuse que non era suficiente.

Logo, cun esforzo económico importante e coa axuda de persoal do concello,  blanqueouse.

Pero, como unha cousa chama a outra, tivemos que poñer goteo en toda a zona para irrigar toda a plantación.

Premendo na imaxes poderemos acceder á galería completa do muro.

Antes Despois

Case unha horta

E xa postos, podemos sacarlle producto ao terreo.

Uns tomates, unhas fabas, unhas leitugas, perexel.

Xa non nos conformamos con mellorar o entorno, queremos producir!!!!!!!

Xurde así un primeiro ensaio, que entre bromas e chistes sería o xerme do actual invernadoiro.

Nun pequeno terruño esquecido e maltratado, fixemos a primeira plantación que dou os primeiros foitos: tomates

Antes Despois
 

Premendo nas imaxes accédese á galería do muro e da horta

Inxertos

A mini horta deu a súa primeira colleita, pero, poderiamos ter frutos no colexio?

No patio de primaria temos unha pereira brava. Seguramente, enxertándoa....?

Pois xa está feito. Un pai e un veciño dun alumno de 6º acudiron prestos a chamada.

Na galería dos inxertos podemos ver a evolución completa do proceso. Seguramente no próximo verán xa teremos os primeiros resultados.

Premendo na imaxe poderemos acceder á galería de inxertos:

Hoxe a lección correu a cargo dun pai e dun abó.

Distribuir contido


by Dr. Radut