Skip to Content

Blogues

PORTADA PARA OS NOSOS TRABALLOS

PARA LEVAR OS NOSOS DEBUXOS DESTE TRIMESTRE GARDÁMOLOS NUN LIBRO E FIXEMOS UNHA PEQUENA PORTADA.

ADORNOS PARA Á NOSA AULA

FACEMOS OS NOSOS PRIMEIROS ADORNOS DE NADAL, AQUÍ VEDES O RESULTADO.

TAMÉN COLABORAMOS COA DECORACIÓN DO CENTRO EN INFANTIL, COS ADORNOS QUE REALIZAMOS NA CASA COAS NOSAS FAMILIAS TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL.

NO TEITO E NUNHA ÁRBORE ELABORADA CON MATERIAL RECICLADO.

Árbores frutais

E por se os enxertos fallaran, alguén decidiu plantar frutais no monte que rodea o aulario de infantil.

En realidade estamos seguros de que non fallarán xa que ar ramas medraron e as follas brotaron sen problema.

Aínda así, en novembro plantáronse cinco frutais. Colaboraron nenos e nenas de sexto e tamén os de infantil.

Agora, a coidalos.

 

Premendo na imaxe accederemos a galería da plantación

XOGAMOS AO AFORCADO

DE CANDO EN VEZ, PARA REPASAR O ABECEDARIO E O VOCABULARIO TRABALLADO NOS PROXECTOS, XOGAMOS AO AFORCADO. NEL ENCÁNTANOS GAÑARLLE Á NOSA PROFE, COLABORAMOS TODOS E TODAS PARA CONSEGUILO.

MÁIS TARDE, E PARA REFLEXIONAR SOBRE OS DATOS LIDOS EN DIVERSOS TEXTOS EXPOSITIVOS RELACIONADOS CO TEMA E ESCRIBIMOS OS DATOS NUMÉRICOS QUE QUERIAMOS COÑECER: 4OO ESPECIES DE TIBURÓNS SENDO 3 DUCIAS DELES PERIGOSAS.

PRIMEIRO ESCRIBIU DANIELA COA AXUDA DE TODOS O 400. POSTERIORMENTE, BUSCAMOS O QUE ERA UNHA DUCIA, PROCURAMOS ESTRATEXIAS (FACER RAIAS E CONTALAS XUNTAS) PARA CALCULAR CANTAS ESPECIES SON 3 DUCIAS. FINALMENTE, COMPARAMOS OS NÚMEROS PARA SABER CAL ERA O MÁIS GRANDE.

O TRIÁNGULO, TITO E PABLO PICASSO

SEGUIMOS A TRABALLAR AS FIGURAS XEOMÉTRICAS, NESTE CASO TRÁTANSE DOS TRIÁNGULOS E PARA TRABALLALOS ESCOLLIMOS O CADRO DE NENA CON BARCO DE PABLO PICASSO.

O CARBALLO CON BOTAS

HOXE VOLVIMOS LER O CONTO DE O CARBALLO CON BOTAS, DE ANXO MOURE E COMA NA HISTORIA NOS TAMÉN PLANTAMOS LANDRAS NUN ZAPATO VELLO.

MOITAS GRAZAS SUSANA POR AXUDARNOS!!

O RESULTADO DO TRABALLO DE TODO INFANTIL PODÉMOLO OBSERVAR NA SEGUINTE FOTO E AS QUE PODEMOS VER NA GALERÍA, SE PRESIONAMOS NA FOTO.

AS GAIVOTAS TRAS O PRESTIGE

10 ANOS DO PRESTIGE,  DESPOIS DE SEGUIR A LER SOBRE O TEMA FIXEMOS UN DEBUXO COMO RESUMO DO LIBRO MAREA NEGRA.

TAMÉN GAIVOTAS, COMO OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS.

VISITA Á EXPOSICIÓN SOBRE O PRESTIGE

A BIBLIOTECA DO CENTRO ORGANIZOU UNHA EXPOSICIÓN QUE LEMBRA O DESASTRE DO PRESTIGE 10 ANOS DESPOIS DE QUE ACONTECERA.

FUMOS A VELA COS NENOS E NENAS DA CLASE DA PROFE SUSANA DE 4 ANOS.

OBSERVAMOS, ANALIZAMOS E COMENTAMOS OS TEXTOS E IMAXES DA EXPOSICIÓN, VALORAMOS O QUE SUCEDEU COMO ALGO NEGATIVO PARA A NOSA COSTA, O MAR E AS PERSOAS QUE SUFRIRON AS SÚAS CONSECUENCIAS.

VALORAMOS TAMÉN MOI POSITIVAMENTE O TRABALLO DOS VOLUNTARIOS, GRAZAS Á MAREA BRANCA.

POLO SAN MARTIÑO...

TROMPOS AO CAMIÑO, NA CLASE PEONZAS.

FESTA DO MAGOSTO

FOGUEIRAS, CASTAÑAS E XOGOS...

UN DÍA FANTÁSTICO PARA CELEBRAR O MAGOSTO

QUEREMOS AGRADECER AOS NENOS E NENAS DE 6º QUE XOGASEN CONNOSCO.

Distribuir contido


by Dr. Radut