Skip to Content

Blogues

CLUB DE CIENCIA_2

 

No seguinte enlace, podes ver o PROXECTO do club de ciencia do curso 2019-2020

Menús 3º trimestre

Menús 3º trimestre

Menus

Debuxos co Tuxpaint do/as nenos e nenas de Infantil

Durante este curso continuamos facendo diferentes actividades cos/as nenos/as de Educación Infantil relacionadas coas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Podemos dividir en tres os tipos de actividades, as realizadas na aula (como recuncho) e as que teñen lugar na sala de ordenadores (todo o grupo ou medio grupo) ou ca pizarra dixital (en pequenos grupos) na sala de psicomotricidade ou na biblioteca. As actividades principais que se realizan nos ordenadores son as de manexo do rato (cos diferentes programas e software educativo), iniciación á lecto-escritura e debuxo, con programas como o Tux-Paint. Precisamente con este programa (de software libre) os/as nenos/as fixeron diversos debuxos ó longo do curso, que estou subindo á galería de imaxes da web da escola, onde hai varios álbums con algúns dos debuxos feitos co ordenador polos nenos e nenas de Educación Infantil.

Este é un exemplo dun debuxo feito polo nenos/as de 3 anos coa pizarra dixital (facendo clic sobre el, podedes ver máis):

 

Estos son outros exemplos de debuxos sobre o Samaín e o Entroido feitos na sala de ordenadores polos/as nenos/as de 4 e 5 anos (facendo clic sobre eles, podedes ver os demáis álbums):

samain

Madamas e Galans

 

Exemplos de debuxo libre:Facer clic sobre o debuxo para ir á Galeria.

Guardar

Guardar

DEGUSTACIÓN DE ENTROIDO

 

O día xoves 23 de febreiro, fixemos unha degustación de

postres de Entroido. Nesta ocasión, contamos coa

colaboración das familias que elaboraron ou mercaron

postres típicos: orellas, filloas, flores, rosquillas, chulas...

degustación entroido  degustación entroido

 

 

 

 

Guardar

Concurso Fotográfico de Outono

Dada a gran calidade das fotografías presentadas, o xurado decidiu otorgar un premio máis en cada categoría. Deste xeito daranse tres premios en cada categoría, quedando a relación como segue:

Infantil e 1º Ciclo de Primaria:

Aroa Prieto Fernández 2º B (Ver Foto)

Sara Lameiro Costa (Ver Foto)

Elia Rivera Mayo 1ºC (Ver Foto)

2º e 3º Ciclo de Primaria:

Abel Bello Tobío 5ºC (Ver Foto)

Nicolás Lameiro Costa (Ver Foto)

Violeta Fornés Rodríguez 5ºC (Ver Foto)

Ver Galería do Concurso Fotográfico

* O Xurado estivo composto por dous repesentantes da ANPA, dous mestres e unha representante de Persoal Non Docente.

Farase unha entrega de premios á volta das vacacións.

Traballos dos/as nenos/as de Infantil sobre Quesada

Este ano recibimos da Fundación Xaime Quesada Blanco (creada para recordar a traxetoria do pintor) uns cadernos para traballar a obra de Jaime Quessada e a do seu fillo. Nas clases traballamos con estes cadernos e na aula de ordenadores fixemos reproduccións de algúns dos cadros destes pintores utilizando o programa de software libre de debuxo infantil Tuxpaint. Aqui hai un exemplo dun traballo do caderno e duns debuxos feitos co ordenador (facendo clic nas imaxes accédese a Galeria de fotos do centro onde están as demáis obras dos/as pequenos/as)

Moucho Noa 3 anos B

Pantallazo do traballo dos nenos co Tuxpaint

Reprodución cadro de Jaime Quesada

Comezamos a sementeira

 
   

 

O xoves desta semana fomos sementar cenoiras ao invernadoiro. O profe Xan deunos unhas poucas sementes a cada un, fixemos unha fila e fomos botando as sementes un a un.

Ao acabar de sementar, Xan remexeu a terra cun angazo para cubrir as sementes. E agora, esperar a que medren !!

Daniela e Martín, 3ºA

 

 

 

Outros contos co Tuxpaint

Aquí presentamos os contos feitos polos alumnos/as de 4ºB na materia de lingua galega durante o curso pasado e parte deste. Para elo utilizaron o programa informático Tuxpaint de debuxo infantil. Primeiro traballamos o tema do cómic, escribiron o conto no caderno o pasaron o LibreOffice Impress para transformalo despois en un documento pdf que podedes agora descargar para ver (en adxuntos).

Estas son as portadas dos contos:

       

    

   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut