Skip to Content

Educación Física

Tarefas voluntarias

Queridas rapazas e rapaces. Como sabedes xa queda pouco para rematar o curso.

Xa non tedes que enviarme máis tarefas. As que vos propoño nun documento adxunto son voluntarias , é dicir, facédeas se queredes. Se non vos apetece non as fagades.

Pero iso si, xogade moito e facede deporte..

 

E lavade moitas veces as mans e poñede as mascarillas.

 

Lembrade: se vos vos protexedes e vos coidades, coidámonos todos.

 

Teño moitas ganas de vervos, espero que poda ser pronto.

 

Unha aperta grande e moita sorte.

Futbolín

Queridas nenas e nenos.

Esta semana vai ser a última que vos propoño actividades avaliables, aínda que despois ata final de curso vos propoñerei tarefas que podedes facer se queredes.

Para facer esta, envíovos un documento adxunto. Mandádema ao correo de sempre.

Espero que vos guste.

 

Unha aperta.

Educación Vial

Ola rapazas e rapaces. A educación vial forma parte do currículo de Educación Física. 

A semana pasada iniciamonos na educación vial, facendo o dominó vial.

Esta semana do 25 ao 29 de maio, propóñovos que collades 10 sinais do dominó, que as debuxedes e ao lado de cada unha delas, indicade o que significa.

 

Mandádema por can scan en pdf, que asi podo corrixir millor.

 

Valorarei coma sempre o voso esforzo.

 

Moitas grazas.

Dominó de siais de tráfico.

Ola chavalotes. Esta semana do 18 ao 22 de maio, propóñovos que fagades un dominó de sinais de tráfico.

Así traballamos xogos de mesa e ímonos inciando na circulación vial.

 

Espero que vos guste e que vos divirtades moito con esta actividade.

 

Mándovos dous adxuntos coas fichas do dominó.

Xogos de mesa

Queridas alumnas e alumnos. Esta semana do 11 ao 15 de maio, imos traballar con xogos de mesa. Que vos parece?

Empezaremos construíndo un tres en raia de verano. Para ver como se fai, premede no seguinte enlace.

Mandádeme unha foto de como vos quedou, ou un video xogando con el. ao correo chus.barral@edu.xunta.gal

 

Espero que vos resulte atractiva esta actividade.

Xogando na rúa

Ola chavalotes. Saístes pasear estes dias?

 

Espero que disfrutarades un montón.

Propóñovos para esta semana do 4 ao 10 de maio que me expliquedes un dos xogos 

 que fixestes o primeiro dia que saístes pasear.

Poñédelle o título; e explicádeme como se xoga. Tamen facede un debuxo referente ao xogo en cuestión.

 

Mandádemo ao correo chus.barral@edu.xunta.es

 

Unha aperta.

Velocidade de reacción

 

 

Vouvos propoñer tamén para esta semana do 27 de abril ao 3 de maio unhas actividades de velocidade de reacción que podedes ver no seguinte video premendo neste enlace.

Se as vosas familias vos deixan, mandádeme fotos ou videos mentres facedes as actividades, para que eu poda valorar o esforzo que realizades.

O correo ao que debedes envialos é: chus.barral@edu.xunta.es

Espero que vos gusten e ata logo.

 

 

 

Traballo: O Baloncesto

Ola chicas e chicos. Espero que sigades ben. Vouvos propoñer para as próximas tres semanas que me fagades un traballo sobre baloncesto.

 

Debedes enviarmo entre os dias 14 e 15 de maio, ao correo chus.barral@edu.xunta.es

As instruccións para facelo envíovolas nun documento adxunto.

 

Se tedes algunha dúbida tamén podedes preguntarme utilizando o correo anterior.

Xogamos ao baloncesto

Queridas alumnas e alumnos de 6º. Espero que sigades estando ben vós e as vosas familias.

Dende a area de Educación Física vouvos propoñer un traballiño para esta semana próxima do 20 ao 25 de abril.

 

Lembrades o video que vos mandei o outro dia? Pois imos facelo xogo OFFICE BASKETBALL.

asi que cun cartón e uns vasitos de iogurt facedes a cancha como se indica no video.

Logo decorades unha pelota saltarina. e A XOGAR!

 

Se a vosa familia vos deixa, mandádeme unha foto ou un video do traballo realizadoao correo ceip.curtis.estacion@edu.xunta.es

 

Tamén me gustaría que practiquedes na casa o xogo REMORE DE CHAIRS.(Tal como se indica no video).

 

 

E tamén vos adianto que neste 3º trimestre vovuvos pedir un traballo escrito de baloncesto.

Pero xa vos darei as instrucción en semanas próximas.

Animooo chicas e chicos e ata pronto.

Distribuir contido


by Dr. Radut