Skip to Content

Saímos para convivir

 Estamos preparando a saída  a Santiago, do próximo venres  día 15 de marzo ,  para visitar  a Xunta de Galicia , o Parlamento de Galicia  e o Museo do Pobo Galego .

 Nesta visita  coñeceremos  dúas  das institucións políticas de Galicia  e tamén conviviremos  cos alumnos de 5º de Primaria do Ceip de 

 Vite de Santiago de Compostela . Con estes  rapaces  comeremos  no parque de Bonaval, se o tempo nos acompaña .  

 Manterémosvos informad@s  nos vindeiros días de como foi esta actividade .

 Esperamos  que esteades aí !

 

 

MENÚ MARZO

 

Para visualizar o menú, pinchade na imaxe ou descargade o ficheiro adxunto.

Telexornal Curtis: Entroido

O vindeiro venres, 1 de marzo, celebraremos o ENTROIDO. Se o tempo o permite, sairemos a desfilar polas rúas do pobo a partir das 10:30h. En caso de choiva poderedes disfrutar das comparsas no pavillón polideportivo.

ADMISION ALUMNADO 2019- 2020

PRAZO DE ADMISION DE ALUMNADO PARA O CURSO ESCOLAR 2019- 2020.

DO 1 AO 20 DE MARZO.

PÓDENSE SOLICITAR OS FORMULARIOS PARA CUMPRIMENTAR EN XEFATURA NO HORARIO PREVISTO PARA ELO.

AS SOLICITUDES DEBEN IR ACOMPAÑADAS DE: FOTOCOPIAS COTEXADAS DE LIBRO DE FAMILIA E CONVENIO REGULADOR OU SENTENCIA XUDICIAL EN CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO DOS PROXENITORES.

 

A DIARIO CONVIVIMOS

Ola  familias  e compañeir@s! Cada día, na aula de  5º nivel de Educación Primaria  aprendemos a traballar  do mellor xeito posible, sempre que as condicións nolo permitan, porque iso si, cada día  hai algo novo ao que enfrontarse .

Traballamos  sempre coa ansia de mellorar  contidos pero sobre todo  mellorar as nosas actitudes.  O colexo  non so é transmisión de coñecementos senón tamén de valores .  

É moi satisfactorio cando o esforzo  dá o seu resultado .

Nós traballamos para  APRENDER A  CONVIVIR . 

A semana pasada  houbo unhas xornadas de portas abertas , nas que tivemos a oportunidade de asistir a unha charla coa garda civil , tamén  unha actividade relacionada con STOP ACCIDENTE e mesmo  practicamos PRIMEIROS AUXILIOS  con dous membros da CRUZ VERMELLA . Todo isto  é aprendizaxe . Que interesante sería ter estas actividades  como unha asignatura máis.

 

DÍA DO ASPERGER

Con motivo do día da concienciación e sensibilización do Síndrome de Asperger, varias asociacións organizan unhas xornadas formativas gratuitas, xunto co concello de Culleredo, sobre este síndrome  e o TDAH (Trastorno de Atención con/sen Hiperactividade/Impulsividade).

Pinchar na imaxe para máis información.

Resultado de imagen de tdah asperger culleredo

AO TEU CARÓN III

Hoxe toca a terceira entrega de entrevistas "AO TEU CARÓN" e publicamos dous fantásticos traballos. En primeiro lugar, Xabier Sánchez, de quinto, fala con José Sánchez, encargardo de ASERPAL .Por outra parte, Nicolás Seoane profundiza no labor de Mónica e Lali, limpadoras do noso colexio. Agardamos de novo, que sexan do voso agrado.


PAZ + RADIO = O PASAPALABRA DA PAZ DE 4º

O 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e o 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio; por iso, os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria pensaron en facer un "PASAPALABRA DA PAZ" con palabras relacionadas coa PAZ e a CONVIVENCIA, e todo como se dun programa de radio se tratara, son uns auténticos reporteiros e reporteiras!

Lograredes adiviñar as palabras? Anímate e escóitanos!

 

O TEU CARÓN II

HOXE PUBLICAMOS A SEGUNDA ENTREGA  DE :"AO TEU CARÓN".

Nesta ocasión, Martín de quinto entrevista á súa irmá, delegada comercial de farmacia. Por outra parte, Teresa e Noa de sexto profundizan no labor educativo e pedagóxico de María José Uzal, mestra do noso colexio de Educación Infantil. Disfrutade e aprendede moito!

II XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Deixámosvos o PROGRAMA de actividades para alumnado e familia que se deselvolverán ao longo da semana próxima. Estaredes informados das vindeiras actividades que se organizarán, relalcionadas coa convivencia.

Distribuir contido


by Dr. Radut