Skip to Content

Reporteir@s, ao xeito máis natural

ola, os alumnos de quinto de primaria están a facer unha reportaxes, dun xeito moi natural, son curta-reportaxes  para que vostedes aprecien o que temos ao noso arredor .

Eles van facer uso da palabra, que unida ás imaxes fan a comunicación .

Xa veredes que grandes reporteir@s están feitos !

 

 

 

CONTINUAMOS ENTREVISTANDO, QUEREMOS SABER....

Nesta entrega de AO TEU CARÓN, coñeceremos a vida laboral e vivencias dun gandeiro que entrevista Miguel de 5º e María e Gabriel farán o mesmo coas cociñeiras do noso centro: Conchi e TRINI.  Agardamos que disfrutedes!


ORATORIA NO PARLAMENTO

Os alumnos e alumnas de sexto pensamos que sería interesante amosarvos algo da nosa visita ao Parlamento Galego, o día 15 de marzo. Consideramos que é fundamental no ano da convivencia escolar, xa que se supón que neste lugar conviven a diario persoas con moi diferentes ideas e opinións, debatindo e dialogando sobre como mellorar a nosa comunidade autónoma. Amosamos como Nicolás e Teresa subiron ao estrado a facer propostas moi interesantes.

ENTREVISTA Á MESTRA AIXA

Ola de novo! Nesta ocasión publicamos unha fabulosa entrevista que Nerea de quinto lle realizou a Aixa Vázquez Dopazo, mestra especialista en audición en linguaxe, itinerante nos colexios de Curtis e Teixeiro. Agardamos que sexa do voso interese.

ENTROIDO

O pasado 1 de marzo os nenos e nenas do CEIP de Curtis levamos o ENTROIDO polas rúas do pobo. Mirade que ben o pasamos!

 

Saímos para convivir

 Estamos preparando a saída  a Santiago, do próximo venres  día 15 de marzo ,  para visitar  a Xunta de Galicia , o Parlamento de Galicia  e o Museo do Pobo Galego .

 Nesta visita  coñeceremos  dúas  das institucións políticas de Galicia  e tamén conviviremos  cos alumnos de 5º de Primaria do Ceip de 

 Vite de Santiago de Compostela . Con estes  rapaces  comeremos  no parque de Bonaval, se o tempo nos acompaña .  

 Manterémosvos informad@s  nos vindeiros días de como foi esta actividade .

 Esperamos  que esteades aí !

 

 

MENÚ MARZO

 

Para visualizar o menú, pinchade na imaxe ou descargade o ficheiro adxunto.

Telexornal Curtis: Entroido

O vindeiro venres, 1 de marzo, celebraremos o ENTROIDO. Se o tempo o permite, sairemos a desfilar polas rúas do pobo a partir das 10:30h. En caso de choiva poderedes disfrutar das comparsas no pavillón polideportivo.

ADMISION ALUMNADO 2019- 2020

PRAZO DE ADMISION DE ALUMNADO PARA O CURSO ESCOLAR 2019- 2020.

DO 1 AO 20 DE MARZO.

PÓDENSE SOLICITAR OS FORMULARIOS PARA CUMPRIMENTAR EN XEFATURA NO HORARIO PREVISTO PARA ELO.

AS SOLICITUDES DEBEN IR ACOMPAÑADAS DE: FOTOCOPIAS COTEXADAS DE LIBRO DE FAMILIA E CONVENIO REGULADOR OU SENTENCIA XUDICIAL EN CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO DOS PROXENITORES.

 

A DIARIO CONVIVIMOS

Ola  familias  e compañeir@s! Cada día, na aula de  5º nivel de Educación Primaria  aprendemos a traballar  do mellor xeito posible, sempre que as condicións nolo permitan, porque iso si, cada día  hai algo novo ao que enfrontarse .

Traballamos  sempre coa ansia de mellorar  contidos pero sobre todo  mellorar as nosas actitudes.  O colexo  non so é transmisión de coñecementos senón tamén de valores .  

É moi satisfactorio cando o esforzo  dá o seu resultado .

Nós traballamos para  APRENDER A  CONVIVIR . 

A semana pasada  houbo unhas xornadas de portas abertas , nas que tivemos a oportunidade de asistir a unha charla coa garda civil , tamén  unha actividade relacionada con STOP ACCIDENTE e mesmo  practicamos PRIMEIROS AUXILIOS  con dous membros da CRUZ VERMELLA . Todo isto  é aprendizaxe . Que interesante sería ter estas actividades  como unha asignatura máis.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut