Skip to Content

NOVAS

MATERIAL ESCOLAR CURSO 24-25

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS PÓDESE CONSULTAR O MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025.

NON É NECESARIO TRAER O TODO O MATERIAL O PRIMEIRO DÍA. É MELLOR REPARTILO PARA NON VIR COA MOCHILA DEMASIADO PESADA.

LIBROS DE TEXTO 2024-2025

No arquivo adxunto atópanse os libros de texto para o vindeiro curso escolar: 24-25.

PRAZOS

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DE NOVO ALUMNADO

20 ao 30 de xuño de 10:00 a 13:00

Documentación necesaria en ficheiros adxuntos.

 

FONDO LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL

27 de xuño: publicación da lista provisional de solicitudes admitidas

28 ao 2 de xullo: reclamación á listaxe provisional

3 de xullo: publicación da listaxe definitiva

Entrega de vales: 4 e 5 de xullo de 10:00 a 14:00

Entrega do fondo de libros: 11 de setembro

 

RECOLLIDA HISTORIAL ACADÉMICO ED PRIMARIA

4 e 5 de xullo de 10:00 a 14:00

 

COMEDOR

1 ao 5 de xullo de 10:00 a 14:00

 

Solicitude comedor escolar 2024-2025

Aquel alumnado que vaia facer uso do servizo de comedor durante o curso 2024- 2025 ten que cubrir  o modelo de autodeclaración e especificacións  e entregalo no colexio do luns 1 de xullo ao 5, ambos inclusive, en horario de 10.00 a 14.00.

En caso de calquera dúbida poden poñerse en contacto no seguinte número de teléfono: 881880647.

Pode descargarse o modelo do ficheiro adxunto ou solicitar unha copia no centro.

Aspectos a ter en conta:

Cálculo do importe dos prezos públicos

Aos efectos de orientar ás familias sobre o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar. O acceso a calculadora estará dispoñible a través do link: https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

Concepto de unidade familiar

En base ao disposto no artigo 16 do Decreto 132/2013, o concepto de unidade familiar é o definido na normativa do imposto da renda das persoas físicas.

Aos efectos do IRPF, existen dúas modalidades de unidade familiar:

1.- No caso de matrimonio: A unidade familiar está integrada polos cónxuxes non separados legalmente e, se os houber:

a) Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes.

b) Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Hai que ter en conta que a maioría de idade acádase ao cumprir 18 anos.

2.- En ausencia de matrimonio ou nos casos de separación legal: A unidade familiar está integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior (os supostos a) ou b) do apartado 1).

Polo tanto:

- Calquera outra agrupación familiar, distinta das anteriores, no constitúe unidade familiar a efectos do IRPF.

- Ninguén pode formar parte de dúas unidades familiares ao mesmo tempo.

- O número de membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente o día 31 de decembro de cada ano. Polo tanto, se un fillo cumprira 18 anos durante o ano, xa non formará parte da unidade familiar nese período impositivo.

Tampouco formarán parte da unidade familiar o membro que falecera durante o período impositivo. –

 Nas parellas de feito só un dos seus membros (pai ou nai) poden formar unidade familiar cos fillos que reúnan os requisitos anteriormente comentados (os supostos a) ou b) do apartado 1).

O mesmo criterio é aplicable nos casos de separación ou divorcio con garda e custodia compartida. Polo tanto, o proxenitor que na súa declaración da renda sinale ao alumno usuario do servizo como membro da súa unidade familiar é o que debe figurar nos rexistros de comedor como declarante ou responsable do mesmo a efectos de cálculo da renda per cápita.

 

Cálculo da renda neta per cápita familiar

Obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2023:

1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro,

2. Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación. Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado da facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

 

recadro 435 + recadro 460 – recadro 595

 

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar. O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

 

Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar.

Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:

- Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas dos recadros indicados, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente -que é o habitual - ou ben, da declaración conxunta.

- Unidades familiares nas que ambos cónxuxes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas dos recadros indicados, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis o importe que resulte para o outro integrante da unidade familiar que non presentou declaración do IRPF, segundo os seus datos fiscais que deberá para realizar o cálculo dos seus ingresos, sumar os importes dos recadros correspondentes a retribucións dinerarias e intereses e restar os importes dos recadros correspondentes a cotizacións seguridade social, retencións procedentes do traballo e retencións procedentes do capital mobiliario, tal e como se recolle no artigo 16.2. terceiro do Decreto 132/2013, do 1 de agosto.

- Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan a obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita a tributación do IRPF. Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que no especificado no apartado anterior para os membros que non presentase declaración do IRPF.

 

Pagamento dos prezos públicos

 - Pagamento nas entidades autorizadas pola Consellería de Facenda e   Administración Pública

 - Pagamento a través do Espazo Abalar

 - Pagamento a través da Oficina virtual tributaria

 

Admisión de alumnado para o cuso 2024/2025. Listaxe provisional de admitidos

Tendo en conta a Lei de Protección de Datos, a listaxe de admitidos atópase no interior do centro.

Infórmase de que todas as solicitudes obteñen praza.

As listaxes definitivas serán publicadas antes do 15 de maio. O período de matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2024.

Reserva de praza en centros de adscrición

Infórmase que todas as solicitudes de reserva de praza no IES de Curtis obteñen praza.

VACANTES ESTIMADAS 2024/2025

VACANTES ESTIMADAS 2024/2025

CURSO

VACANTES ESTIMADAS

 

4º Ed. Inf.

 

 

20

 

5º Ed. Inf.

 

 

15

 

6º Ed. Inf.

 

 

9

 

1º Ed. Pri.

 

 

4

 

2º Ed. Pri.

 

 

6

 

3º Ed. Pri.

 

 

0

 

4º Ed. Pri.

 

 

11

 

5º Ed. Pri.

 

 

0

 

6º Ed. Pri.

 

 

3

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Tendo en conta a ORDE do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centro docentes sostidos con fondos públicos, as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado  (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Atópase en arquivos adxuntos a instancia.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365.

ADMISIÓN 2024/2025

ORDE do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centro docentes sostidos con fondos públicos, establece os seguintes prazos:

-   Presentación da solicitude de admisión: 1 – 20 de marzo.

-     Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.

-     Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.

-      Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

Ademais da instancia, deberán presentar unha fotocopia cotexada do libro de familia.

A solicitude de reserva deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo II – bis). Nas situacións de violencia de xénero non é necesaria a sinatura do agresor.

Lémbrase que o alumnado que se atopa matriculado actualmente ten reserva de praza automática para o seguinte curso escolar.

Horario de atención no centro educativo:

De luns a venres: 9:15 a 10:30 horas.

No caso de que non sexa posible acudir ao centro neste horario, deben poñerse en contacto co centro no seguinte número: 881880647.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Distribuir contido


by Dr. Radut