EDLG: Actividades

CELEBRAMOS O SAMAÍN 2022

 

NESTE SAMÁIN CONVOCAMOS DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA E DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA UN CONCURSO DE CASAS MONSTRUOSAS E MENUDO ÉXITO TIVO A PROPOSTA.

NO SEGUINTE VÍDEO PODEDES VER AS ESPECTACULARES CASAS QUE ENCHERON O CORREDOR DA ENTRADA DO COLEXIO.

NON PODEMOS MÁIS QUE AGRADECERVOS AS FAMILIAS O GRAN TRABALLO QUE LEVASTES PARA MANDAR UNHAS CASAS TAN FANTÁSTICAS.

MOITÍSIMAS GRAZAS POR COLABORAR!!!

 

TAMPOUCO FALTARON OS DISFRACES RELACIONADOS COA TEMÁTICA DO DÍA.

PASADE E VEDE.

 

Concursos para celebrar o Samaín

 

O SAMAÍN xa está preto e dende a Biblioteca e do equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos propoñervos uns concursos de MEDO.

                                                                                                                                                    

PREME NAS IMAXES PARA VELAS EN GRANDE

 

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO COLE

 

Para conmemorar o Dia das Letras Galegas fixemos os CARTEIS SOBRE O AUTOR que xa vistes nunha entrada anterior, pero iso non foi todo.

Ao longo dalgúns días escoitabamos música en galego no patio e á volta da ponte tivemos a actividade APADRIÑAMENTO LECTOR, no que se xuntaban os distintos cursos por grupos, un curso alto cun curso baixo, para que os nenos e nenas se leran uns aos outros diferentes textos en galego.

Actividade que a todos e todas lles gustou moito.

Outra das actividades propostas foi que quen quixera trouxera unha camiseta con VERBAS EN GALEGO. 

Menuda aceptación tivo a proposta, miraras para onde miraras podías ler en galego.

Deixámovos aquí un pequeno vídeo dese día.

 

POEMAS DE FLORENCIO GURRIARÁN ILUSTRADOS POLO ALUMNADO DE 5ºB

 

Os alumnos e alumnas de 5ºB convertéronse en ilustradores para converter dous poemas de Florencio Gurriarán, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, en poemas ilustrados.

Deixámosvos aquí o resultado do seu traballo.

Bo traballo!!!

CARTEIS LETRAS GALEGAS

 

Unha das actividades que fixemos no colexio para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS foi a elaboración de carteis.

Deixámosvos aquí o resultado do traballo feito, que opinamos é espectacular.

Todos os carteis están expostos na entrada do colexio.

 

VISITA DO ESCRITOR E ILUSTRADOR MARCOS VISO

 

Outra actividade relacionada co DÍA DO LIBRO foi a visita do escritor e ilustrador MARCOS VISO, membro da nosa comunidade educativa, que achegou ás nosas aulas ao seu oficio de escritor e ilustrador.

En infantil deron renda solta á súa imaxinación seguindo as súas directrices, que se basearon no proxecto "Os vermes de seda" que están a traballar na aula .

En 3º de primaria, despois dunha pequena charla sobre a ilustración, crearon personaxes baseados en Pepa a loba, e puideron observar como os trazos e as cores dan personalidade á ilustración.

Co alumnado de 6º de primaria levouse a cabo unha charla coloquio para coñecer os pormenores do oficio de escritor e ilustrador, rematando a sesión cun debuxo feito por el e adicado a cada alumno e alumna.

Premendo na seguinte imaxe podedes ver un vídeo coas fotos do día.

DÍA DO LIBRO 2022

 

 O luns celebramos o DÍA DO LIBRO.

Os nenos e nenas de 3º a 6º de primaria convertéronse para a ocasión  en padriños e madriñas lectores/as para lerlles contos aos máis pequenos.

A actividade levouse a cabo en distintos lugares do patio e no salón de actos, polo que moitas zonas se converteron en fermosos espazos para a lectura.

A actividade gustoulles moito a grandes e pequenos e foi moi emotivo ver como todos e todas gozaban dese rato de lectura na que a maioría leron e escoitaron máis dun conto.

Rematado o rato da lectura tiñan en dúas zonas do colexio  libros que se expurgaron da biblioteca para que escolleran algúns e darlles unha segunda vida nos seus fogares.

Había para todos os gustos lectores polo que todos e todas atoparon algún que fose do seu interese.

Deixámosvos aquí un vídeo coas imaxes que deixou o día.

    

Powered by Drupal - Design by artinet