Relixión

A RUTA DO PERDÓN

Bo día  queridas nenas, e queridos nenos.

Agora que xa queda menos para que nós volvamos a ver,   e  que  as cousas comezan a mellorar, porque podemos visitar á familia e compartir momentos moi agradables coas persoas que queremos moito,  imos seguir avanzando na nosa viaxe cara os demais.

Esta semana camiñaremos pola ruta do perdón, para descubrir o importante que é sentirse perdoados, e ser capaces de perdoar.

EDUCACIÓN INFANTIL:

Na clase falamos moitas veces das "palabras máxicas", unha delas era a palabra "perdón", que debíamos de empregar cando facíamos algo que molestaba aos demais, e que os poñía tristes.

Imos lembrar a canción das palabras máxicas, e descubrir cales son as palabras que axudan a que todos nos sintamos felices.

 

Perdón, grazas, por favor....son as verbas que fan que tamén na casa todos os que convivimos esteamos máis alegres.

ACTIVIDADE: O baúl de palabras máxicas.

A actividade desta semana vai consistir en  empregar estas palabras, moi a miúdo.

Xa sabedes "peques grandes" cando necesito  algo  emprego "por favor", cando alguén me axudou "grazas", cando me equivoco, e doume conta de que os que están a miña beira están tristes, ou enfadados pido "perdón".

Vós sodes un baúl de palabras máxicas que imos usar moitas veces para contaxiar ao mundo con elas.

Coquis quere contarnos o importante que é saber perdoar e pedir perdón, imos escoitala!!!

 

 

 

 1º DE PRIMARIA:

Ser valentes significa ser capaces de recoñecer o que facemos mal, e pedir disculpas, intentando non volver a facelo nunca máis.

Este fermoso conto árabe intenta explicarnos o importante que é, para que podamos sentirnos ben, esquecer pronto as ofensas, no caso de que alguén nos moleste, e non esquecer nunca a axuda dos demais.

Creo que vós vai gustar moito, tanto como me gusta a min.

 

2º DE PRIMARIA:

Cando alguén nos ofende debemos de intentar esquecelo pronto, e pola contra cando alguén é boíño con nós temos que lembralo todos os días. Segundo o conto que imos ver a continuación esta é a norma para ser felices, e sementar felicidade nas nosas casas, na nosa escola, no parque, nos nosos pobos, e na vida.

Que bonito é o baile do perdón! A que somos capaces de bailalo e de aprender a canción!!!

 

Na Biblia temos moitas historias que falan do perdón. Hoxe imos coñecer a historia de Xosé. Como veredes os seus irmáns, que tiñan ciumes del portáronse moi mal, pero Xosé tiña un gran corazón e iso fixo que non lles gardara rancor, pola contra foi capaz de axudalos cando eles o necesitaban.

 3º DE PRIMARIA:

No conto que imos ver a continuación descubriremos a importancia de intentar que aqueles que están enfadados se perdoen.

Construír pontes significa esfozarnos en buscar a maneira de conseguir  resolver conflictos intentado unir aos que están enfrontados.

Pensade nas ocasións en que na escola, na casa, no parque , ou  na familia podemos levar paz, intentando que as persoas consigan perdoarse.

ACTIVIDADE: Debuxa unha ponte, e cando vexas que dúas persoas están enfrontadas parte o debuxo á mitade, logo dalle unha parte a cada unha. Pídelle que se reconcilien para que o teu debuxo volva estar enteiro. Tamén podes convidalas a ver o anterior conto contigo, ou contarllo ti.

 Continuamos con estas  parábolas:

Na primeira temos a unha persoa á que se lle perdoa , e ela non é capaz de facer o mesmo cos demais.

ACTIVIDADE: Que che parece a actitude do servo que non sabe perdoar??

Esta é outra das parábolas que inventou  Xesús para axudarlle ás persoas a mellorar o seu comportamento.

O título da parábola é " o fillo pródigo", pero podería ser "o pai bo", porque este pai está cheíño de bondade e de amor. Por iso volve acoller ao seu fillo, e espera cada día o seu regreso.

ACTIVIDADE: Inventa outro título para esta parábola.


4º DE PRIMARIA:

Xesús ensinounos a cambiar o perdón polo rancor para facer un mundo mellor, e para sentirnos nós felices e en paz.

Comezamos esta ruta cunha canción.Animádesvos a inventarlle unha coreografía?

 

Había unha vez un pai que quería moito aos seus 2 fillos. Un marchou, o outro quedou con el. O pai seguía querendo aos dous. Todos os días o pai saía ao balcón porque estaba convencido de que o seu fillo cativo ía volver pasou o tempo, pasou moito tempo......o fillo cativo volveu e.......

Imos ver neste vídeo como o recibe o pai, símbolo de amor, de perdón e de bondade.

 

ACTIVIDADE: Pensa e responde

Que che  parece a actitude do pai?

E a do fillo maior?

O pai bo desta historia perdolle ao seu fillo porque o ama, e porque sabe que o perdón axudaralle a cambiar de vida , e a "volver a nacer".

Este pai quere aos dous fillos, non os quere de maneira diferente, nin os quere máis ou menos polo que fan. O pai quere aos dous porque é pai, símbolo de amor e de esperanza.

Este pai representa a Deus, capaz de querenos, e de perdoarnos sempre. Capaz  de confiar en nós.

5º DE PRIMARIA:

Os fariseos, ese grupo legalista do que temos falado na clase, lévalle a Xesús  unha muller acusada de enganar ao seu marido..

Neste encontro pretenden por a proba a Xesús diante da multitude.

Xesús ten dúas opcións, pode mandarlles que sigan a lei e lapiden a aquela muller, ou perdoarlle a vida.

Calquera destas decisións pode ter consecuencias negativas.

Deixar que lapiden a esta muller demostra que Xesús coñece moi ben a Torá, a lei segundo a cal polo seu delito debía de ser lapidada, pero neste caso Xesús convertese nun Deus "sen corazón", que coloca a lei por enriba das persoas.

Ordenar que non lapiden a esta muller, é a segunda opción, pero isto  pode ser empregado polos fariseos como o froito do descoñecemento da lei por parte de Xesús.

A que lembrades o que fixo Xesús?

Mandalles seguir a lei: lapidar a esta muller, pero esíxelles que tire a primeira pedra quen nunca cometera ningún erro.

Xesús, con esta sabia decisión, mostra o rostro dun Deus a favor das persoas, convencido de que sempre podemos cambiar e mellorar, e de que o perdón axudaranos a non cometer as mesmas equivocacións.

6º PRIMARIA:

De novo imos percorrer unha ruta partindo dunha parábola.

O gran parábola do perdón, ou a parábola do "pai bo".

A imaxe que temos a continuación, é unha copia da obra do pintor Rembrandt. Autor  do cadro do "fillo prodigo", pintado no ano 1662

Esta inspirado na parábola que leva o mesmo nome.

Esta escena representa o momento máis importante, no que o pai acolle e perdoa ao fillo menor.

Imos entender mellor o significado da parábola analizando esta obra de arte.

Partimos das cores que usa o autor:  vermello, amarelo e marrón.

O vermello representa o amor, por iso o pai ten un manto vermello, porque ama ao seu fillo, e por iso é capaz de perdoarlle. Símbolo do amor de Deus co ser humano.

O amarelo representa a luz, a ledicia. Unha luz e unha ledicia que parten do pai e chegan ao fillo, por isos son os dous personaxes que Rembrandt pinta de amarelo, representado deste xeito a alegría que dá o perdón, tanto para o que perdoa como para o que é perdoado.

O marrón e o símbolo da tristeza, do rancor e da pena. Por iso hai unha franxa de marrón que separa ao fillo maior do menor e do pai, porque este aínda non foi capaz de perdoarlle ao seu irmán, nin de entender a felicidade que dá perdón.

 

 

El regreso del hijo pródigo. Rembrandt

O pai e o fillo son os persoaxes máis importantes desta obra de arte.

O fillo representa a cada un de nós, cada persoa, cada ser humano, que ao longo da vida se equivoca.

O pai representa a un Deus Amor que coñece os nosos errós, e sempre nos espera para darnos o seu perdón e unha aperta chea de amor.

 

Estampa madera

Na escena aparecen outros personaxes que non acaban de entender como o pai pode perdoar e acoller. Permanecen na escuridade, con expresión triste, coas mans agarradas, incapaces de dar un paso adiante e de chegar a beira do pai e do irmán, incapaces de compartir a "festa", a ledicia que dá o perdón.

Tamén representan  a aqueles que xulgan aos demais de maneira estricta, ou aos que pensan que Deus nos ama porque nunca nos equivocamos. Pola contra Deus ámanos porque sabe que somos humanos, febles,  e iso fai que a miúdo non acertemos nas nosas decisións, e necesitemos da súa comprensión, e do seu perdón.

O fillo maior non pode avanzar, é vítima dos ciumes, as súas mans aínda non poden abrirse para aceptar a decisión do pai.

El "Hijo pródigo" de Rembrandt a la Bienal de Venecia

Observade as mans do pai con moita calma e descubriredes algo sorprendente.

Non son iguais. Teñen  diferente tamaño, diferente forma e están a diferente altura.

E por que?

Pois porque Rembrandt quixo representar unha man masculina e outra feminina. Quería darnos a entender que Deus era pai e nai á vez.

As mans colocadas a diferente altura queren axudarnos a entender que mentrés unha parece agarrar con máis forza ao fillo, para retelo, a outra parece deixalo marchar.

Rembrandt  quería falarnos do sufrimento do pai.

Non quería que marchase o seu fillo, desexaba que estivera con el, pero tamén quería que fora libre e por iso quería que descubrira o mundo por si mesmo.

Asi é Deus, deixando liberdade para que marchemos e esperando con ilusión o noso regreso.

 

Reflexión sobre El regreso del hijo prodigo - YouTube

Fermosísimo plano dos ollos do pai, case cego, porque pasaron moitos anos esperando a volta do  fillo menor, e porque el xa non ve a través dos ollos, senón do corazón.

Cando o fillo maior se entera de que o pai está facendo unha festa para o seu irmán protesta, recriminalle que organice unha celebración  para o irmán e non para el.

Non entende que o pai non o pode querer máis a el porque cumpríu co deber, non entende que o pai ve desde o corazón, dende o lazo que os úne aos dous, non entende que os quere aos dous porque son os seus fillos, e por iso os quere o mesmo.

Regreso del Hijo Pródigo de Rembrandt en GoogleArtProject - YouTube

O fillo menor volve descalzo, ou asi o pinta Rembrandt, porque o camiño foi duro, e porque cando volve onda o pai pensa que este xa non pode tratalo como fillo senón como siervo.

Pero o pai levantao e devólvelle a dignidade de fillo, por iso o cubre co seu manto vermello.

El Regreso del hijo pródigo de Rembrandt | Arte Cristiano y ...

 

ACTIVIDADE: Investiga onde se atopa este cadro, e cales son as súas dimensións.

 

 

ASt Joseph Communications Rembrandt: el retorno del hijo pródigo ...

 

 

FELIZ DÍA DA FAMILIA

Ola queridas familias, hoxe estamos de celebración!!!

O día 15 de maio de cada ano festexamos o Día Internacional da Familia.

A orixe desta celebración atópase no 1994, que foi declarado polas Nacións Unidas como o Ano Internacional da Familia, para reflexionar sobre a importancia, e a necesidade de que a familia sexa un  berce de unión e de amor.

Dende antes  deste ano o concepto de familia comezara a cambiar, e a ampliarse, e esa foi a causa pola que se decidíu asignarlle unha data especial.

O principal, e máis importante ao celebrar este día, é darnos conta de que a familia debe ser un recuncho de amor, onde atopamos axuda e comprensión.

O Papa Francisco afirma:"La verdadera alegría que se disfruta en familia no es algo superficial, no viene de las cosas, de las circunstacnias favorables...la verdadera  alegría viene de la armonía profunda entre las personas, que todos experimentan en su corazón, y que nos hace sentir la belleza de estar juntos, de sostenerse mutuamente en el camino".

 Tamén nos di o Papa que o amor de Deus é fundamental para que as nosas familias se enchan de harmonía e de felicidade.

Lucía, de 6º de educación infantil, e os seus papás queren felicitarnos este día cun fermoso debuxo. Graciñas familia!!!

 

 

 

Imos darlles as grazas as nosas familias por coidarnos con tanto amor durantes estes meses de pandemia con esta canción.

Que vos parece se celebramos este día coas seguintes actividades?

EDUCACIÓN INFANTIL:

Escoitamos, cantamos e bailamos:

 Que alegría nos dá saber que o amiguiño Xesusín, ou Cristo, coida das nosas familias.

 

Verdade que nas nosas familias son especiais e moi importantes as avoíñas, e os avoíños? Este tempo que non puidemos velos seguro que pensamos moito neles. Por iso imos escoitar estas cancións e, se é posible, podemos bailalas e cantalas con eles.

Xesús tamén tivo unha familia, moi parecida as nosas, porque nela, igual que nas nosas aprendemos a traballar, a amar e a coidar dos demais.

Agora imos pedirlle axuda as mamás, aos papás, ao irmáns maiores, aos avoíños ...para facer unha manualidade en familia. Imos facer a árbore da nosa familia coas mans das persoas que a forman. Porque para que a nosas familias funcionen moi ben todos temos que "botar unha man", axudando todos os días nas tarefas da casa, e compartindo cos que están a nosa beira o noso cariño, e a nosa alegría.

Se non temos pintura de dedos podemos colocar  a man enriba do folio e pedirlle a algún adulto, ou irmán maior, que cun lapis repase a contorna da nosa man. Logo teremos que repasar nos a deles e colorealas.

 

1º e 2º de primaria:

Cada familia é diferente, e todas son iguais de importantes:


Ao estarmos  na clase de "reli" falando da familia entusiasmabame escoitar  o papel importante que para vos tiñan as vosas avoíñas, e os vosos avoíños. Agora que xa podemos visitalos podemos aporveitar para cantar, e bailar con eles, esta canción. E para darlles as grazas polo esforzo, a paciencia, a bondade e o cariño que nos regalan todos os días.

 

Ademais da nosa familia, a que queremos e da que recibimos cariño para medrar fortes e sans, non podemos esquecer que nós tamén formamos parte da  familia de Xesús, porque somos os seus amiguiños, e seguidores.

A que vós gusta moito facer cousas en familia?

Imos aporveitar un bote de iogur decoralo ao noso gusto, e plantar a semente que teñades a man. Logo  comprobaremos  que a nosa semente medra moito. Porque nas nosas familias hai calma, paz e alegría, que son as principais vitaminas das sementes.

E xogar en familia? Seguro que tamén nos encanta a todos. Imos facer un xoguete, ou un xogo con material  reutilizado. Escollede o que vos guste máis:

 

As nenas , e os nenos de segundo imos ler este conto:

NON PESA...É O MEU IRMÁN

Un día, no que saira dar un paseo ao campo, vin ao lonxe un neno que tería 8 anos. Levaba no seu ombreiro a outro máis cativo , que podía ter 3 anos.

A medida que se ía achegando puiden ver na sua cara a expresión do cansanzo, mentrés o "neno do ombreiro"   cantaba e semellaba estar moi ledo.

Cando pasou a miña beira, para darlle ánimo, díxenlle: "Ola , que tal ides? Pesa moito?

E o neno maior, cunha enorme expresión de cariño, dixo con forza: Non, que va, non me pesa nada  porque é o meu irmán.

E agarrouno con máis forza intentando facer unha carreiriña para que o seu irmán sorrira.

 

E rematamos con esta  oración de agradecemento polas nosas familias:

Querido Deus grazas pola miña familia. Polos bicos de chocolate que me  dan todos os días. Polas apertas brandiñas que quentan máis ca o sol. Polos sorrisos que iluminan máis ca luz eléctrica. Polas cóxegas que me fan estoupar de risa.

Amigo Deus coidaos, como eles me coidan a min. Amén

 

3º e 4º DE PRIMARIA

Meus queridos nenos, e miñas queridas  nenas, comezamos lendo o menú para unha familia feliz.

Actividade 1: Agora tendes que facer o voso  menú para que a vosa  familia sexa unha familia chea de ledicia e de amor.

Escoitamos, cantamos e bailamos esta canción:

Lembramos como era a familia de Xesús.

Xesús sempre colaboraba coa sua familia. Sei que moitos de vos estades facendo o mesmo, e iso fai que os adultos nos sintamos super orgullosos da vosa actitude que nos sirve para non esquecer que na familia todos temos o deber de cooperar.

Actividade 2: Hoxe imos axudar con algunha tarefa. Ten que ser unha tarefa nova para vós, algo  que ata agora non tiveramos feito.

Actividade 3: Facemos un xoguete con material reutilizado para xogar en familia. Escolle o que che guste máis!

 

E rematamos con este conto:

PARA O OUTRO... O MELLOR!

Era un matrimonio pobre, moi pobre. Ela cosía na porta da súa casa, pensando no seu marido. Todos os que pasaban, e podían vela, quedaban impresionados pola beleza do seu cabelo, longo ...moi longo, e brilante como o sol.

Él sentouse á  sombra dunha árbore  cando volvía a casa, suxetando entre os dentes a súa pipa baleira, porque non tiña diñeiro para comprar tabaco.

Pronto terían algo moi importante que  celebrar. Pronto faría 50 anos que se casaran.

Ela pensaba que podía regalarlle ao seu marido, e sentíase triste porque non tiñan diñeiro. De súpeto tivo unha idea, e púxose moi leda, vendería o seu cabelo e comparíalle tabaco para a pipa.

Xa se imaxinaba ao seu marido moi contento, e iso facía que ela se sentira feliz.

El pensaba que podía regalarlle a súa dona, e sentíase triste porque non tiña diñeiro. De súpeto tivo unha idea, e púxose moi ledo. Vendería a súa pipa e compraríalle un peite, o máis fermoso, para que ela puidera peitear os seus fermosos cabelos.

Ao chegar á tarde o marido ía entusiasmado co peite, corría e cantaba desexando chegar á casa.

Na casa esperabao a súa dona, estaba feliz, coas moedas que obtivera  pola venta do seu pelo comprara un fino estoxo de tabaco.

Cando se deron unha aperta e  entregaron os agasallos comezaron a sorrír, e abrazados estiveron sorrindo ata o día seguinte.

5º e 6º  DE PRIMARIA

Escoitamos esta canción , e buscamos 5 palabras que aparecen nela, e que son os valores fundamentais que  fan que nas familias haxa paz e  felicidade.

 


Lemos  o seguinte conto:

OS DOUS IRMÁNS

Dous irmáns, un solteiro e o outro casado, tiñan unha granxa con terreo moi fértil que producía bastante millo e patacas, e que os irmáns repartían a partes iguais.

Ao comezo todo ía moi ben. Pero chegou un intre no que o irmán casado comezou a espertar sobresaltado todas as noites, pensando: "Non é xusto. O meu irmán non está casado e leva a mitade da colleita, pero eu teño muller e cinco fillos, de maneira que cando sexa maior terei quen se ocupe de min. Quen coidará do meu pobre irmán cando sexa vello? Ten que aforrar para o futuro porque o vai necesitar máis ca min.

Entón deu en levantarse todas as noites da cama, acudía sixilosamente á casa do seu irmán, e baleiraba na colleita del un saco máis.

Tamén o irmán solteiro comezou a espertar polas noites, e a dicirse a si mesmo:"Isto é unha inxustiza. O meu irmán ten muller e cinco fillos, e leva a mitade da colleita. Eu só teño que manterme a min mesmo. E na familia do meu irmán son moitos. Meu irmán ten que recibir máis sacos da colleita, a eles failles máis falla.

Entón deu en levantarse da cama e levar un saco de millo ou de patacas á casa do seu irmán, e baleiralo con moito coidado para que este non se dera conta.

Un día erguéronse da cama ao mesmo tempo e tropezaron na mitade do camiño, cada un levaba un saco para o outro. Foi entón cando puxeron o saco no chan e se deron unha gran aperta.

Moitos anos máis tarde, cando xa morreran os dous, e os veciños quixeron facer unha igrexa, escolleron o sitio no que se atoparan os irmáns.  Porque estaban convencidos de que en ningún outro lugar, daquel pobo, houbera tanto amor como no que deron en chamar "o camiño do encontro".

Proposta de actividades:

1.Fai un resumo escrito  desta historia.

2.Diseña un cartel con outro título para este conto.

3.Busca na televisión, ou na prensa  unha "nova solidaria". Se non a atopas inventa ti unha.

4.Investiga onde se atopa o cadro da Sagrada Familia que aparece a continuación, e que foi pintado por Vicente Carducho.

 

 

 5-Escoita esta canción do Padre Jony dedicada a María, a nai de Xesús, que como ben sabemos foi un dos pilares fundamentais da Sagrada Familia.

 

 6- E para rematar escoitamos esta canción que nos axudará a entender o amor dos nosos pais, un amor grande,  que foi medrando, e medrando ata converterse nas novas vidas que fomos nos.

Sería ideal  convidar aos nosos pais a escoitala con nós, e pedirlle, se non o sabemos, que nos contasen cando e como se namoraron, porque nese intre comezou a existir a nosa familia.

No caso de que vós sexa posible podedes mandarme as actividades ao correo (maria.teresasotelo@edu.xunta.es). Se vos resulta complicado podedes entregalas no colexio.

Unha aperta moi grande, cargada de esperanza e de ánimo!!!

A RUTA DO ENCONTRO

Boa tarde queridas nenas, e queridos nenos. Estamos todos ben?

Imos seguir coa nosa viaxe, agora que xa podemos saír un pouquiño e atoparnos cos demais, imos movernos coa imaxinación pola  ruta do encontro.

E para ese tempo, ao longo do día, no que temos que seguir quedando nas casiñas propóñovos as seguintes actividades.

 

 

 

Seguro que agora no tempo que podemos saír á rúa nos atopamos  con veciños, amigos e compañeiros, e aínda que temos que gardar as distancias  establecidas, e manter as medidas de seguridade, as emocións e os sentimentos afloran. E como non podemos  darnos unha aperta lanzamos aloumiños coa mirada.

Meus queridos cativos imos ter que aprender a falar cos olliños!!!

Precisamente diso é do que imos falar esta semana, das emocións e dos sentimentos que experimentaron todos os que se atopan, ou atoparon con Xesús, porque a ruta do encontro é a ruta da amizade, da tenrura, do cambio e da ledicia.

EDUCACIÓN INFANTIL:

Ola peques!!! Hoxe imos lembrar a ese amiguiño chamado Xesús do que falamos nas clases de "reli", ese gran amigo que tanto nós quere.

Vos tamén tendes os amiguiños da escola, os do parque, os do pobo, e os da vosa  rúa.

A que ter amigos nos provoca unha sensación de alegría e de benestar?

Pois como nos sentimos ledos, por ter amigos e amigas, imos celebralo con esta  canción:"O baile dos cristiáns".

Xesús tivo bos amigos, a el non lle gustaba nada estar só, encantáballe traballar en equipo.

Animádesvos a contar cantos eran os seus "super axudantes", chamados apóstolos?

Xesús co seu equipo de apóstolos intentaba cambiar os sentimentos das persoas: a tristeza por alegría, o medo por confianza, e o cansanzo por ilusión.

Entre todos conseguiron espertar os mellores sentimentos en moitas persoas. Seguro que esta canción lles había de gustar.

FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN

QUERIDAS FAMILIAS FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN!

 

 

O domingo de Pascua  celebramos unha das festas máis importantes para os cristiáns, a resurrección de Xesús.

Rematou  a  Semana Santa na que  lembramos a paixón, a morte e a resurrección de Xesús.

Para dar comezo a un tempo de 50 días, o tempo de Pascua.

O verdadeiro significado da Pascua atopámolo na Biblia.

No Antigo Testamento a Pascua era unha festa celebrada polos xudeus, lembrando a liberación do pobo de Israel que vivía como esclavo en Exipto.

Esta celebración recibía o nome de "Pessach" que en hebreo significa paso, neste caso o paso da esclavitude á liberdade.

Nós tamén celebramos, e lembramos un "paso", o que se conta no Novo Testamento, o  "gran paso" da morte á vida de Xesús. Porque sabemos que a historia de Xesús non rematou na cruz, senón que segue coa resurrección.

 

A Pascua é un canto á vida, ao futuro e á  esperanza. Unha fermosa melodía a través da  cal Deus quixo contarnos  que máis alá dos problemas sempre estarán os días  de ilusión os días de vida.

 

 

GRAZAS PEQUES...GRAZAS FAMILIAS

VOANDO COA IMAXINACIÓN

Oxalá sigamos todos ben !

Aínda que estamos de vacacións teño que dirixirme a vós para darvos as grazas.

Graciñas nenas, nenos, e  familias por sermos capaces de voar coa imaxinación, de romper os muros que nos separan, de "saír " das nosas casas, e de irmos tan lonxe como o desexamos.

Graciñas Rubén por cambiarlle a cara aos días de marzo....

Grazas Xoel e Antía por participar na procesión de Ramos con esas fermosas palmas sen saír da casa.....e chegando ata o Vaticano...menuda viaxe rapaciños!

Grazas Esther por viaxar con nós.....

Graciñas  Lourdes María por esa estreliña que agora alumea na vosa casa.

 

Mil grazas Lourdes por facer esta andaina ao noso lado.

Moitas grazas Rubén por encher este tempo de gotiñas de esperanza...

Grazas Belén por unirte a nós dende a primeira ruta...

Na nosa andaina merecestes os mellores diplomas, os que mostran a admiración dos adultos pola maneira na que estades colaborando para contaxiarnos  alegría e optimismo.

 

Moitísimas grazas Bruno, Diego, Sarah, Angélica e Candela por facer a mochila para ir ao encontro dos demais...

E por pintardes a cara de cor esperanza.

Moitísimas grazas Alex, Ariadna, Xoel e Antía por participar no corona enredos mandándonos as fotos daquelas actividades "novas", orixinais e creativas que enchen as vosas casas de sorrisos e a vós de felicidade.

Alex e Ariadna queren presentarnos aos seus novos amiguiños, os amigos do confinamento, aos que ata lles puxeron nome.

Este é Rei, un dos seus caracois preferidos.

Antía e Xoel están feitos uns grandes cociñeiros, cando volvamos á escola Ángeles, Alfonso e María van ter novos axudantes.

Que boa pinta, que ricas teñen que estar estas galletas!

Queridos nenos e queridas nenas  neste tempo tendes demostrado que nada pode limitar o amor das vosas familias, que sempre están axudando en todo o que poden, e a vosa ilusión.

Ese amor e esa ilusión puideron levarnos dende as nosas casiñas ata visitar a avoíña, ou atoparse cos compañeiros, como fixeron Sarah Daniela e Angélica, porque non hai muros que o cariño e a creatividade non poidan saltar.

 

 

 SODES UNS CAMIÑANTES MARABILLOSOS!!!

 

COMO XESÚS, O NOSO AMIGUIÑO!!!

 

 CADA DÍA ESTOU MÁIS ORGULLOSA DE VÓS!!!

 

 

 

2ª RUTA DA VIDA

BOA TARDE QUERIDOS NENOS E QUERIDAS NENAS.

Xa a punto de comezar as vacacións de Semana Santa imos avanzar un pouquiño pola 2ª ruta da vida. Desenvolveremos outra camiñata virtual  que nos irá achegando ao futuro, a esa volta á normalidade que todos estamos desexando.

Un sendeiro  que está moi relacionado precisamente co que celebraremos na  próxima semana, e coa nosa situación de confinamento.

Xesús vivíu grandes dificultades na última etapa do seu camiño, e cando parecía que todo estaba perdido volveu á vida. Por iso lembrarmos  o que sudeceu nesta semana axudaranos a sacar  unha mensaxe de ánimo, seguros de que ao igual que lle pasou a Xesús ao final todo sairá ben, moi ben, e chegará a Pascua, do mesmo xeito que tamén chegará o día no que volveremos a vernos.

IMOS COÑECER UN POUQUIÑO MÁIS DO QUE SUCEDEU NESTA SEMANA!

PERO ANTES DE COMEZAR O NOSO CAMIÑO IMOS "CARGAR AS PILAS" DE ENERXÍA POSITIVA ESCOITANDO ESTE FERMOSO TEMA:

E Agora un pequeno percorrido polo significado da Semana Santa.

PARA EDUCACIÓN INFANTIL:

 

 

PARA 1º e 2º de PRIMARIA

PARA 3º e 4º de Primaria.

PARA 5º E 6º de Primaria.

QUERIDAS NENAS E QUERIDOS NENOS OS MOMENTOS QUE ESTAMOS VIVINDO PASARÁN , DA MESMA MANEIRA QUE PASARON OS DÍAS MÁIS COMPLICADOS DE XESÚS PARA VOLVER A VIVIR.

PARA TODOS:

https://www.manualidadesinfantiles.org/como-hacer/manualidades-para-semana-santa

 http://www.cristic.com/3o-y-4o-de-primaria/religion/

 

COMO FACER UNHA PALMA DE PAPEL PARA O DOMINGO DE RAMOS:

 

NESTA SEMANA SÓ VÓS  VOU PEDIR QUE APORVEITEDES O TEMPO PARA FACER O QUE DI ESTA CANCIÓN: Para amar, para saber máis cousiñas da vida dos papás falando con eles, para valorar a todos os que temos ao noso lado, e a todos os que poderemos ter pronto, para soñar, para bailar, para sorrir, para pensar e repensar no importantes que sodes cada un de vós para seguir axudándolles ás vosas familias e ao mundo,  e para coidarvos moito... moitísimo.

Para calquera cousa seguimos estando en contacto a través do teléfono ou a través do correo.

Unha aperta virtual moi  grande

E lembrade non pode haber arco da vella sen un pouco de choiva.

 

 

 

 

A RUTA DA VIDA

QUERIDAS NENAS E QUERIDOS NENOS SEGUIMOS TODOS BEN?

Imos comezar unha nova ruta na nosa andaina, aquela pola que viaxou Xesús, axudándolles aos que tiñan máis dificultades a mellorar a súa vida.

Comezamos a camiñar pola  RUTA DA VIDA

O Nazareno defendía a vida, por iso saía aos camiños para buscar ás persoas que vivían peor, e axudáballes a superar os seus problemas.

Co seu estilo de relacionarse cos demais, coas súas obras e coas súas palabras demostrounos que aprender a vivir é aprender a amar.

Defendeu a vida  dos pobres, facéndose pobre como eles, dende o seu nacemento, e compartindo cos que tiñan menos  o que era e o que tiña.

Loitou pola vida dos enfermos, curándoos e facendo que puideran reintegrarse na sociedade.

Estivo á beira dos considerdos "pecadores", liberándoos das leis farisaicas, e axudándolles.

Integrou aos marxinados do momento: Aos samaritanos, aos nenos, e ás mulleres, incluíndoas no seu grupo de discípulos, e devolvéndolles a dignidade que non tiñan. Á primeira persoa á que  lle conta que ÉL é o fillo de Deus foi a unha muller, á muller samaritana; e cando resucita son as mulleres as primeiras testemuñas da resurrección.

Xesús, coas súas milagres e coas súas parábolas,  foi capaz de cambiar a realidade de moitas persoas para que viviran mellor.

Nós, hoxe tamén estamos vivindo unha situación complicada, asique o primeiro que imos facer para camiñar polo sendeiro da vida é meter na nosa mochila unha boa dose de ilusión como fixo Candela, e con ela dispómonos realizar a primeira actividade, a cambiarlle a cara á realidade.

 

 

ACTIVIDADE 1: CÁMBIALLE A CARA AO CONFINAMENTO

Imos coller un  dos calendarios que teñamos nas nosas casas , e pintarlle un bo sorriso a cada un dos días de confinamento que xa pasamos.

Porque seguro que vós en cada un deses días puxestes un sorriso na cara dos que estaban a vosa beira, como facía Xesús cando se atopaba con alguén que tiña medo, fame, tristeza ou dificultades.

 

Se vós apetece mandádeme ao correo os vosos calendarios cheíños de sorrisos. Na foto  tamén queremos vervos a vós (maria.teresasotelo@edu.xunta.es)

Xesús relacionouse, e solidarizouse con todos os que querían cambiar, aqueles que necesitaban romper coa súa realidade para camiñar máis felices. A miúdo tamén atopou a persoas que non se sentían ben coa maneira na que estaban actuando. Nestes casos Xesús convidábaas a pensar, inventaba unha parábola para elas, e como bo mestre que era ía guiándoas a través destas historias inventadas por el, que facía que quen o escoitaba se dera conta da mensaxe que lle quería transmitir. Unha mensaxe que lle axudaba aos seus oíntes a cambiar de actitude.

ACTIVIDADE 2: PANDEMIA DE PARÁBOLAS

Imos contaxiar a alguén da nosa casa das ensinanzas de Xesús, para elo convidamos a algunha persoa da nosa familia a ver con nós estas 2  parábolas ( se vós apetece mandádeme a foto desta nova pandemia vendo xuntos as parábolas):

Parábola do Deus Amor:

Aínda que esta parábola é coñecida por outros nomes ( parábola da ovella perdida, parábola da ovella desobediente..) nós imos quedarnos con este nome: Parábola do Deus amor, porque con ela Xesús responde a unha pregunta, a dun camiñante que quere saber como é Deus.

Deus é Amor, como o pastor desta historia, como un pai, como  unha nai,como  un avoíño, como unha avoíña, como os veciños e as veciñas,  que se preocupan por nós, e queren que estemos ben. Como aquel que se alegra cando nos atopa, e que sae buscarnos cando sabe que temos problemas, como o que nos coñece e non nos deixa abandonados ante a adversidade.

Parábola do bo Samaritano:

Esta é ideal para nós, que andamos viaxando coa imaxinación e que podemos preguntarnos a quen debemos de axudar na nosa andaina?

Meus queridos compañeiros e compañeiras de camiño para rematar a viaxe de hoxe imos facer a radiografía do bo samaritano, que será a nosa, a do bo camiñante. E que nós será moi útil para cando remate este tempo e volvamos á escola, e tamén para aplicar estes días cos da nosa casiña.

RADIOGRAFÍA DO BO CAMIÑANTE/SAMARITANO

1.Ten os ollos moi abertos para descubrir se alguén necesita axuda.

2.É sensible aos problemas dos demais.

3.Achégase aos que teñen dificultades.

4.Regala mensaxes de ánimo.

5.Comparte sorrisos cos que ten a beira.

6.O seu tempo está a disposición de quen o necesite.

7.Inventa a maneira de facer felices aos que están con el.

8.Contaxia aos demais de gañas de axudar.

9.Regala debuxos, palabras , apertas, bicos...

10.Está orgulloso de ser como Xesús un bo amiguiño de todos.

 

 

 

CORONAENREDOS

BOA TARDE FAMILIAS.

SEGUIMOS TODOS BEN?

Esta semana, despois de comprobar que sodes uns boísimos camiñantes, seguiremos coa nosa viaxe e comezaremos a "ruta da vida".

Foi un placer facermos xuntos a ruta da esperanza, unha ruta que resumíu moi ben Yesenia neste fermoso traballo. Agora cambiaremos de sendeiro, pero antes imos facer unha parada para presentarvos unha actividade nova.

Quero convidarvos a comezar a semana cun novo apartado que desenvolveremos na clase de relixión coa vosa axuda:
  o " coronaenredos".

A situación que estamos vivindo permitíunos  descubrir o creativos que estades sendo para axudarlle as vosas  familias a vencer as dificultades. Sei que moitos colaborades cociñando, outros a colocando a roupa e ordenando as habitacións, moitos  facendo manualidades para agasallar aos papás e ás mamás cando volven do traballo, algunha das nosas cativas incluso  aprendeu a xogar ao dominó para distraer aos adultos,  e ata houbo quen  organizou un pícnic no salón para animar aos seus pais e ao seu irmán cativo.

Que grandes sodes!!!

A vosa creatividade demostra sobre todo o voso interese polos que están ao voso lado, por facelos sorrir, por conseguir que se sintan relaxados e tranquilos na casa.

Estou moi orgullosa de vós porque tendes interiorizados moitos dos valores cristiáns:  a empatía, a responsabilidade, a ledicia ,a  ilusión e a bondade.

Por iso neste apartado, o "coronaenredos" imos publicar as vosas fotos,

(as que vós apeteza mandarme ao correo: mariateresasotelo@edu.xunta.es)

facendo esas "cousiñas creativas" , manualidades, axudar na casa, xogar xuntos......  que mostren a vosa responsabilidade e a vosa creatividade para  conseguir que as vosas familias se sintan mellor.

E xa temos a primeira foto, a de Lourdes coa súa mami maquillándose de bolboretas.

NORABOA CAMPIÓNS

BO DÍA.

QUERIDOS CAMIÑANTES ESTAMOS TODOS BEN?

Hoxe non é día de seguir avanzando pola nosa ruta, pero tal vez por iso quero aporveitar para ser eu a que "camiñe cara vós", para darvos a noraboa a todas as nenas e a todos os nenos,  pola maneira na que nos estades axudando aos adultos a levar esta etapa.

Seguro que lembrades cando na clase de "reli" falamos do importante que é  cooperar  cos que están a nosa beira, sementar sorrisos por onde imos, dicir palabras que cheguen ao corazón dos demais e que aceleren o seu "cardio" coa emoción, compartir o que temos e o que somos, pensar en como se sinten os outros  e darlles grandes doses de ánimo cando o necesitan, non rendirse cando chegan as dificultades, e encher as nosas casas de bo humor, de ilusión e de creatividade.

Pois este é o momento no que máis ca nunca vós, que sodes tesouriños de esperanza, estades axudándonos aos adultos a vivir esta andaina.

Xesús sabía moi ben que os cativos sodes os portadores dos mellores valores do ser humano, e hoxe estades a demostralo. Xesús enfadabase moito cando os adultos non deixaban que os nenos se achegaran a el , precisamente porque estaba convencido de  que das nenas e dos nenos sempre ben o mellor que podemos atopar na vida: a forza, o valor, a vitalidade e a ilusión.

Sei que o estades facendo moi ben, tan ben que moitos adultos estamos abraiados, de súpeto démonos conta de que cada día vós sodes a nosa fonte de enerxía. Nestes días, ao estar máis tempo xuntos descubrimos o marabillosos que sodes, e se nalgún momento decaemos foi en  vós onde atopamos a luz da esperanza. 

Xa nos queda menos, moito menos campións!!!

E imos seguir necesitando da vosa axuda, do voso sorriso, das vosas ideas cheíñas de orixinalidade, da vosa vitalidade, da vosa luz, e do voso cariño. 

Queridos nenos, e queridas nenas eu sei que non ides fallar, porque se de algo presumimos na nosa escola é de como sabedes axudar as nenas e os nenos do Albino Núñez. 

Merecedes un gran  aplauso, e unha aperta cheíña de agradecemento por todo o que estades facendo, unha aperta xigante que dentro de pouco tempo poderemos darvos.

Se vos apetece colorear, e enviarmo ao correo  deixovos aquí un diploma.

Ese diploma que tendes tan  merecido!!

Hoxe quero ser eu a que viaxe cara vos , "peques-grandes" da escola, para dicirvos :

Que bonito é saber que estades aí,

e que orgullosa estou de vós.

 Preme nas imaxes para descargar os diplomas

 

GRAZAS QUERIDAS NENAS, E QUERIDOS NENOS POR AXUDARNOS A VIVIR SEN MEDO.

Graciñas Diego, Rubén, Arantxa, Manuel e Yesenia

por  compartir con nós os vosos traballos, e o voso sorriso.

 

 

 

AO ENCONTRO CON OUTROS CAMIÑANTES

 

Coas mochilas preparadas, coa cara pintada de cor esperanza, e sabendo que nada pode deter a nosa viaxe, porque a imaxinación e o corazón non teñen fronteiras... imos  " facer o camiño", imos comezar a"andar" pola ruta da esperanza.

Na primeira andaina por esta ruta  faremos tres cousas.

A primeira será definir cara onde queremos ir, ou mellor dito , "cara quen".

Temos que pensar a  quen queremos chegar,  asique buscamos a persoa á que lle enviaremos  logo as nosas reflexións, as nosas mensaxes e os nosos sentimentos.

Para pensar, para decidir , para descubrir quen é esa persoa imos escoitar e bailar unha das nosas cancións preferidas, unha das que nós ensinou  a "Profe Tamara " e que nós sae moi, pero que moi ben.

E xa sabedes mentrés bailamos pensamos nesa persoa, aquela á que lle diriamos " que bonito é saber que estás aí".

A segunda tarefa,  é só  para os cativos de infantil , e para os de primeiro e segundo de primaria. Trátase de buscar un bo compañeiro de camiño, un super heroe, nesta ocasión necesitamos un heroe moi especial. Escoitamos esta canción e descubrimos quen é o super héroe que nós vai acompañar.

A terceira tarefa consiste en atoparse con outros camiñantes, en descubrir a  persoas valentes  que en momentos de dificultades fixeron a mesma ruta ca nós, a da esperanza.

Foron moitas as persoas que ao longo da historia, cando se atoparon con problemas, optaron por cargarse de valor e de valores cristiáns, e camiñar, avanzar conseguindo cambiar a realidade. Que vós parece se descubrimos a unha  desas persoas  no seguinte texto?

AS GAFAS DA ESPERANZA

No 1994, o reporteiro gráfico Kevin Karte gañou o premio Pullitzer de fotografía cunha foto feita nun poboado de Sudán azoutado pola fame. Na foto podía verse a unha nena cativa acurrucada no chan, con moita fame e moi triste.

A imaxe causou impacto, deu a volta ao mundo, foi portada de varios xornais e apareceu en moitas revistas.

Nunha das entrevistas que lle fixeron ao reporteiro logo de gañar o premio, preguntáronlle que fixera coa nena despois de facer a foto.

El contestou que non fixera nada, que el marchara e a nena quedara  onde lle fixera a foto. Esta resposta provocou gran polémica e foron moitas as críticas que recibíu por esta actuación.

Pero o fotógrafo xustificouse dicindo: vostedes só ven a unha nena, pero se ampliara  o obxectivo da miña cámara verían a moitas persoas que estaban na mesma situación. Nese momento pensei que non serviría de nada axudar a unha soa persoa, por iso como non podía  axudalos a todos non fixen nada, marcheime e non fixen nada.

O mesmo día, é como contrapunto á opción do fotógrafo, estaban entrevistando a Madre Teresa de Calcuta.

Un xornalista pregúntoulle:

-Madre Teresa, cal é o seu segredo para non desanimarse cando ve a  tantas persoas que teñen necesidades en Calcuta, e no mundo.

Ao que ela respondeu:

-O segredo está na mirada, hai que saber mirar, como miraba Xesús de Nazaret, con gafas de esperanza. Non hai que mirar ás multitudes, hai que mirar á persoa, a cada persoa, hai que mirar dun e un.

Eu miro asi, -engadíu, intento axudar a unha persoa e cando acabo con esa atendo a outra, e despois a outra e a seguinte.

Se miramos ás multitudes, coas súas grandes necesidades só veremos impedimentos, e nunca daremos o primeiro paso.

Se miramos dun en un, se miramos a cada persoa,  sentiremos que podemos facelo e só veremos solucións.

 

PARA AMPLIAR A NOSA INFORMACIÓN SOBRE ESTA MENSAXEIRA DE ESPERANZA PODEMOS VER OS SEGUINTES VÍDEOS:

PARA AS NENAS E OS NENOS DE 1º, 2º 3º E 4º.

 

E para decatarnos de que un dos grandes "talentos" , ou valores que temos, e que neste momento debemos compartir cos demais  é a esperanza, as nenas e os nenos de 3º e de 4º poden ver  esta parábola cantada.

PARA AS NENAS E OS NENOS DE 5º E 6º

E UN CONTO PARA TODOS .

 

Noraboa camiñantes ! Canto  avanzamos nesta andaina! Comezamos descubrindo a persoa á que lle queremos mandar a nosa mensaxe de esperanza, logo coñecemos á Madre Teresa de Calcuta, máis adiante démonos conta de que temos moitos valores, moitos talentos como dicía Xesús nunha das súas parábolas, e despois vimos un conto pola esperanza, no que un neno e unha pinga de auga son os protagonistas.

Cando rematemos esta ruta, logo de descansar vendo  película que vós propoño, se aínda tendes "enerxía e gañas" podedes facer a seguinte actividade:

-Nun folio debuxa as túas mans. Nunha delas debuxa unha pinga de auga e dentro da pinga pon o nome da persoa ata a que queres chegar hoxe para darlle unha aperta virtual.

Na outra man escribe esta mensaxe para esa persoa :" Que bonito é saber que estás aquí" (porque aínda que estea lonxe sentímola a nosa beira).

Se vós apetece mandádeme ao correo (maria.teresasotelo@edu.xunta.es) os vosos debuxos, de maneira que tamén se vos vexa a vós, e publicámolos aquí, para que entre todos enchamos a terra de pinguiñas de esperanza.

Ao rematar esta tarefa pómonos en pé e con moita ilusión repasamos esta canción, que nos levará a "saír das casiñas coa imaxinación", a subir montañas, a buscar  sombras, e sobre todo a sentir que pronto "volveremos a vernos" cheíños de vida. Se animades aos papás e ás mamás a que tamén a aprendan cando volvamos ao cole convidámolos a que veñán a clase de "reli" para bailala e cantala con nós.

E AGORA UN DESCANSO, IMOS PARAR  PARA VER  UNHA PELÍCULA QUE FALA PRECISAMENTE DE ESPERANZA.

Powered by Drupal - Design by artinet