Curso 2015-16

PROTEXENDO O CAMIÑO

O xoves, 24 de setembro, os alumnos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria participaron no recinto escolar na actividade PROTEXENDO O CAMIÑO. O obxectivo desta actividade era dar a coñecer aos cativos o Camiño de Santiago e que valoren o seu poder cultural, económico, patrimonial e social, fomentando valores de respecto e posta en valor do mesmo. Foi realizada polo grupo POLO CORREO DO VENTO, colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artistica dos nenos e nenas. 

  

Os nenos/as coñeceron a historia de Iago e Peregrina, debuxante e fotógrafa, que realizan o Camiño de Santiago tentando protexer as rutas dos riscos que poden sofrer (lixo, feísmo, falta de civismo cos peregrinos ou dos peregrinos, etc...).

 

 

 

Participaron tamén activamente realizando debuxos e reflexionando dun xeito lúdico sobre o que podemos facer para protexer o Camiño.

 

XORNADA SAUDABLE

O mércores, 23 de setembro, os alumnos/as de 6º curso disfrutaron dunha xornada "saudable" grazas a colaboración da cadea de supermercados EROSKI. Co fin de promover nos rapaces/zas unha alimentación equilibrada e uns hábitos de vida saudables, o programa desta actividade contou con dous momentos diferenciados:

1º- Persoal do supermercado acudiu ao noso centro para explicar aos alumnos/as a organización de todo o hipermercado, como se realiza o traballo en equipo, as diferentes seccións ... Tamén lles explicaron as claves dunha alimentación saudable, os distintos tipos de nutrientes, a pirámide dos alimentos, a frecuencia de consumo...

2- A actividade completouse coa visita ao centro Eroski situado no barrio da Ponte. Alí coñeceron as distintas seccións: froitería, carnicería, peixería... falaron cos encargados de cada unha e comprobaron, por exemplo, os utensilios que empregan na carnicería, na peixería, as medidas de seguridade... como se conservan os produtos conxelados,  a sección de hixiene...

Remataron a xornada coa degustación dunha merenda saudable a base de froitas, zumes e iogures. Durante a mesma o nenos/as participaron en diversos xogos nos que trataban de adiviñar diferentes alimentos polo tacto ou polo gusto.

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DE DESPOIS DE XANTAR 2015-16

Xa podedes descargar o impreso para a solicitude das actividades complementarias de despois de xantar.

A maioría das actividades son ofertadas e organizadas pola ANPA do centro.

Hai unha ampla variedade: pintura, teatro, percusión e gaita, karate, patinaxe, informática, baile moderno, natación, xadrez, inglés...

(Preme na imaxe para ver ou imprimir o folleto coa selección das actividades a escoller)

COMEZO DE CURSO

Coma todos os anos, aquí tedes a primeira circular informativa do presente curso con diversas informacións sobre: horarios, normas xerais, obxectivos, recomendacións... que esperemos sexan de interese para toda a comunidade.

Ademais recordámosvos que o vindeiro martes, 29 de setembro, celebraremos a reunión xeral con todos os pais/nais ou representantes legais dos alumnos/as no salón de actos do centro ás 18:00 h. da tarde.

ESPERAMOS A VOSA PRESENZA NA REUNIÓN CON TODOS OS PAIS/NAIS DO ALUMNADO 

(Preme na imaxe para ver o díptico informativo a tamaño completo)

CONCERTO INAUGURAL

Acabamos de comezar o cole e xa realizamos a primeira saída didáctica do presente curso escolar 2015/2016:

Os alumnos/as de 5º de Educación Primaria acudiron o luns, 14 de setembro, á Praza de San Martiño de Ourense para presenciar o concerto que deu a Orquesta Xuvenil da Escola Municipal de Música de Ourense (EMMO) con motivo da inaguración do novo curso escolar por parte da Concellería de Educación.

O concerto durou arredor de 50 minutos e tanto alumnos/as coma profesores da citada orquesta interpretaron temas moi "marchosos" facendo participar activamente  a todos os presentes. 

 (Preme na imaxe para visualizar o programa das actuacións a maior tamaño)

A

L

U

M

N

O

S

/

A

S

 

5º  

P

R

I

M

A

R

I

A

 

 

Reseña na prensa dixital do concerto:

 

 

COMEZO DE CURSO

Comezamos o novo curso sendo notica no xornal La Voz de Galicia, na primeira páxina da edición impresa para Ourense do día 11 de setembro de 2015, a foto cos alumnos/as de 5º de Educación Infantil (4 anos) do noso cole ilustra a nova do comezo do curso escolar na provincia de Ourense. 

En páxinas interiores, fotos dalgúns dos nosos alumnos/as ilustran tamén o desenvolvemento da citada nova do comezo do curso escolar para 19.000 nenos/as ourensáns.

Xián de 3 anos, Mario de 1º de primaria e Yeray de 4 anos, protagonistas do comezo do novo curso. 

BENVIDA

O día 10 de setembro comezamos o novo curso no noso horario habitual de 9:30 ata 14:30 (15:30 para os nenos/as que fan uso do servizo de comedor escolar).

 O alumnado de Ed. Infantil de 3 anos, debido ao período de adaptación, incorporarase paulatinamente segundo o horario que lle foi asignado a cada un na reunión que mantivo a titora cos pais/nais. 

 O servizo de transporte e comedor funcionará con normalidade dende o xoves día 10.

 

Powered by Drupal - Design by artinet