Curso 2015-16

PLAYENERGY

O día 16 de decembro os alumnos de 3º e 4º de primaria participaron no Taller PlayEnergy organizado por Endesa co obxectivo de ampliar os  coñecementos sobre a enerxía e fomentar o aforro enerxético.

A actividade levouse a cabo no propio centro e os alumnos participaron de maneira activa e lúdica en diferentes propostas.

Primeiro traballaron sobre o que consomen os diferentes aparatos eléctricos das casas e recibiron algúns consellos de aforro enerxético.

Logo contestaron unhas preguntas -nunha tablet- ao mesmo tempo que participaron en varios experimentos:

• A forza de pedaleo acender unha lámpada.

• Poñer en marcha un vehículo ao facer xirar unha manivela.

• Poñer en funcionamento un vehículo de propulsión eólica.

• Facer xirar un xiroscopio luminoso tirando dun cordel.

• Impulsar uns barcos na auga cuns globos cheos de aire.

(Preme nas imaxes para acceder á galería de fotos)

LÍO NA GRANXA

O 15 de decembro os alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense para presenciar a obra de monicreques "LÍO NA GRANXA", posta en escena polo grupo de comediantes "LA BALDUFA"

"Nunha granxa na que conviven diferentes animais, desaparece un ovo da señora galiña. A partir de aí xorden desconfianzas e comeza unha gran lea entre todos os habitantes. As sospeitas diríxense cara ao corvo, acabado de chegar á granxa dende "o extranxeiro". Piñote e Calabacín son os protagonistas que se convirten en espectadores excepcionais, e comezarán unha aventura para descubrir o que ocorreu co ovo da galiña.

Trátase dunha sátira en forma de fábula que nos achega os conflitos actuais da sociedade contados dunha maneira sinxela, reflexiva e con humor. Lío na Granxa é un espectáculo que nace coa vocación de contribuír na formación dos nenos e nenas nos valores da tolerancia, o respecto e a empatía." (sinopse extraída da páxina dos autores da obra)

 

Os nenos/as pasarono xenial vendo o espectáculo e ata foron saudados polos protagonistas "Piñote" e "Calabacín" ao rematar a representación!. 

ACTIVIDADES DE NADAL

Facémonos aquí eco das actividades que o Concello de Ourense vai a realizar durante as vacacións de Nadal e que van destinadas a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Segundo as actividades a realizar, estas teñen distinto horario e lugar de celebración, consultade no documento adxunto para coñecer toda a información: 

 

MERCADILLO SOLIDARIO 2015/2016

O próximo sábado, 12 de decembro, A ANPA do centro invítanos un ano máis a celebrar unha nova edición do seu mercado solidario. Coma sempre haberá variedade de postos con venda de produtos artesanais, doces, xoguetes, roupa, obxectos de 2ª man ... tamén se recollerá comida, roupa, xoguetes...  destinados á "operación quilo". 

 

 

Coma sempre esperamos contar coa colaboración de todos!!

LA GUERRA DE TROYA

Alumnos/as de 5º e 6º de primaria acudiron o pasado martes, 24 de novembro, ao Auditorio Municipal de Ourense para presenciar a obra teatral: "La guerra de Troya" , obra promovida pola "Obra Social "La Caixa"" e o Concello de Ourense. 

A sinopse da historia é a seguinte:

Hai miles de anos, nun lugar remoto do Mediterráneo, as dúas nacións máis poderosas da Tierra enfrontáronse nun conflito terrible: a guerra de Troya.
Paris e Helena, Príamo e Agamenón, Héctor e Aquiles, Ulises...Unha historia universal que co tempo transformouse en relato.Nun mito que, durante séculos, axudounos a reflexionar sobre a realidade do mundo e a natureza dos homes.
A mitoloxía grecolatina é un dos piares da civilización occidental e a historia da guerra de Troya continúa plenamente vixente para dar resposta a algunhas das preguntas trascendentais que nos facemos hoxe en día. 
 
"La mitología grecolatina es uno de los pilares de la civilización occidental, y la historia de la guerra de Troya continúa plenamente vigente para dar respuesta a algunas preguntas trascendentales que nos hacemos hoy día. Un espectáculo que combina narración, marionetas y audiovisual de animación".
 

VISITA DO SEPRONA

 

O pasado mércores, 18 de novembro, os alumnos/as de Educación Infantil participaron nun taller impartido por dous axentes do SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza), centrado na loita contra cos incendios forestais. A actividade, enmarcada dentro do programa medioambiental Voz Natura que se leva a cabo no noso centro ao longo deste curso 2015- 16, constou de dúas partes ben diferenciadas: nun primeiro momento os pequenos asistiron a unha charla, acompañada dunha presentación, cun coloquio final. A segunda parte foi máis "práctica", onde os nenos/as disfrutaron un montón montando en dous vehículos que utilizan axentes deste organismo na súa loita contra os incendios forestais.  

 
 

Preme nas imaxes para acceder ao blog do noso proxecto Voz - Natura para ter máis información e acceder a todas as imaxes. 

CONVIVENCIA ESCOLAR

No marco do PLAN ESTRATÉXICO DE CONVIVENCIA ESCOLAR 2015-2020, aprobado polo Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia, prevese a elaboración dun instrumento de diagnose inicial que permita identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos. Neste senso, a primeira acción prioritaria planificada é a elaboración de documentos  de recollida de datos dos distintos sectores da comunidade educativa (dirección, profesorado, alumnado, familias e persoal non docente). Esta masiva recollida de datos ten por obxecto facilitar a elaboración do plan de convivencia do centro. Tamén está encamiñado a establecer o clima escolar da nosa comunidade educativa e guiar as accións de mellora do mesmo.

Esta recollida de datos farase mediante unha ferramente informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través da aplicación convivenciaxestion. 

Os alumnos/as levaron para as súas casas unha nota informativa onde se lles explicaba a todas as familias o arriba exposto e se lles facilitaba un código de acceso á recollida de datos sobre convivencia escolar. Como se lles indicaba na citada nota a súa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar polo que lle solicitamos unha vez máis que preste atención e responda con responsabilidade. Se teñen algunha dúbida non dubiden en contactar coa dirección do centro.

Enlace ao cuestionario para as familias:

https://edu.xunta.es/convfamil

MAIMIÑO E O ESPELLO MÁXICO

 O martes, 17 de novembro, os alumnos e alumnas de 2º A, 2º B e 3º de Educación Primaria acudiron ao Auditorio Municipal de Ourense para asistir á proxección da película titulada "MAIMIÑO E O ESPELLO MÁXICO". Enmarcada dentro da 20ª edición do OUFF (Festival de Cine de Ourense), e promovida polo Concello de Ourense, esta actividade ten como principal obxectivo o de fomentar nos nenos/as o hábito de ir ao cine para formar futuros espectadores e ao mesmo tempo dar a coñecer o festival de cine da nosa cidade. 

"Maimiño" é unha película de animación galego-cubana do ano 2014 protagonizada por Maimiño, un pequeno labrego que quere sacar á súa familia da pobreza.

"Unha plaga de insectos que destrúen a colleita do campo no que vive, e o encontro co Espello Máxico da Media Laranxa, son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir a cidade xunto aos seus irmáns, Pablo e Pedro.

De camiño á cidade, Maimiño e os seus irmáns coñecen que un enorme carballo encantado ten ao Palacio do Rei sen auga e nas tebras; e que o soberano prometeu dar á súa filla, a princesa Rocío, en matrimonio e outorgarlle o título de marqués, a quen fose quen de cortala árbore e abrir un pozo. Meñique sorpréndese ao comprobar que a princesa é a "media laranxa" que lle mostrara o espello máxico.dade, 

Pero el non sabe que a árbore xigante que cubre o palacio foi creada pola bruxa Maruxa. Ela quere vingarse do rei roubándolle o tesouro que agocha nunha inmensa caixa forte, e casando ao seu fillo Froilán coa princesa. O noso pequeno convertirase nun obstáculo para os seus malvados propósitos..." (sinopse da película na páxina  web: http://ficcion-producciones.com/menique/gl/index.html, onde tedes máis información sobre a mesma ) 

 

 (Preme na imaxe para acceder á galería de fotos)

MAGOSTO 2015

MAGOSTO 2015

O martes 10 de novembro celebramos o MAGOSTO no cole, o tempo, por fin, axudounos (fixo un día espléndido!!!) e puidemos disfrutar da fogueira, das castañas, dos xogos e como non: tisnarnos a cara, correr e saltar ... !!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet