Esta guía para o desenvolvemento de condutas responsables, editada polo Departamento de Educación do goberno de Navarra, aborda diferentes temas, pero sempre desde un enfoque moi concreto e práctico. En primeiro lugar, explica como entende a responsabilidade en cada idade dende os 3 ata os 12 anos, con condutas e hábitos concretos. Tamén ofrece pautas para os pais e nais sobre que facer cando se encomenda unha responsabilidade ou tarefa aos fillos: que facer antes, durante a realización da tarefa, despois de realizala e que facer cando se nega a realizala.
Picade na imaxe para coñecela