Xa temos aquí o resultado da terceira edición do concurso "FOTOGRAFÍA A METEOROLOXÍA: O OUTONO".
Na seguinte presentación podedes ver as tres fotos gañadoras máis todas as presentadas.
Grazas a todos pola participación e enhoraboa aos gañadores.
Só recordarvos que está aberto o prazo para presentar as fotografías correspondentes ao inverno. Observade a natureza e os cambios que sofre en cada estación e animádevos a participar!!.
Na entrada do colexio podedes ver a exposición de todas as fotografías presentadas