Outras actividades

III CONCURSO FOTOGRAFÍA A METEOROLOXÍA: O OUTONO

Xa temos aquí o resultado da terceira edición do concurso "FOTOGRAFÍA A METEOROLOXÍA: O OUTONO".

 

Na seguinte presentación podedes ver as tres fotos gañadoras máis todas as presentadas.

Grazas a todos pola participación e enhoraboa aos gañadores.

Só recordarvos que está aberto o prazo para presentar as fotografías correspondentes ao inverno. Observade a natureza e os cambios que sofre en cada estación e animádevos a participar!!. 

 

 Na entrada do colexio podedes ver a exposición de todas as fotografías presentadas 

 

OS ELECTRECOS

Os nosos amigos OS BOLECHAS son agora uns superheroes da reciclaxe dos RAEE... e que son os RAEE? pois iso nos veu explicar o pasado 18 de decembro o seu profesor, acompañado por PILI (unha das irmás BOLECHAS). ORAEE son os Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos que son un problema máis para o medio ambiente debido ao constante aumento do lixo electrónico e a gran contaminación que producen, moitos deles conteñen sustancias perigosas para o medio ambiente (mercuro, chumbo... ) difíciles de eliminar e incluso tóxicas para a nosa saúde. 

En diferentes vídeos os Bolechas explicaronnos todo sobre os  RAEE, cales son, onde debemos reciclalos e outros consellos para converternos tamén en superheroes da reciclaxe. Tamén nos ensinaron e bailamos todos o RAP dos RAEE.

 

 Ademais invitáronos a unirnos ao seu movemento de superheroes da reciclaxe dos RAEE:

 

(Preme nas imaxes para acceder á nova na páxina oficial dos BOLECHAS e á páxina dos ELECTRECOS, onde teredes acceso a contidos extra e xogos, ademais da información sobre a reciclaxe dos RAEE)

SAÍMOS NOS XORNAIS

Diversas actividades que realizamos este curso foron nova nos xornais, tanto impresos como dixitais. Así o pasado 12 de decembro no suplemento XORNAL ESCOLAR do xornal LA REGIÓN saiu en portada a actividade OBRADOIRO DE PAN DE MILLO que realizaron os pequenos e pequenas de 5º de infantil facía uns días. 

 

No seguinte enlace podedes consultar máis información sobre esta actividade no blog de VOZ NATURA do noso centro:

- PANADEIROS POR UN DÍA

Tamén a saída, compartida con membros do centro residencial de San Amaro, realizada as ruínas do mosteiro de Santa Comba de Naves, ao bosque de Falán e á aldea de A Conchada e na que actuou o historiador Suso Martínez, saíu no xornal LA VOZ DE GALICIA o pasado 02 de novembro (tanto na súa edición impresa como dixital):

 

Edición dixital LA VOZ DE GALICIA:

ENCUENTROS INTERGENERACIONALES 

Esta mesma nova saiu publicada tamén no suplemento XORNAL ESCOLAR do xornal LA REGIÓN o 31 de outubro:

 

E tamén na súa edición dixital: 

UN PASEO CARA ATRÁS 

EXPOSICIÓN: AS CORES DO OUTONO

Solicitamos unha vez máis a colaboración de todas as familias para a realización do noso proxecto anual "ENTRE SALGUEIROS, BIDUEIROS E CARBALLOS". Se fai uns días vos animamos a acompañarnos á visita do bosque de Falán e á Conchada, agora pedimos a vosa colaboración para a exposición "ACORES  DO  OUTONO", na que tratamos de que os nenos e nenas observen os cambios propios desta estación e a súa variedade de cores. Exposición que se completa co concurso de fotografía do que xa vos demos conta nunha nova anterior. 


TAMÉN UNHA VEZ MÁIS DAMOS DE ANTEMÁN AS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Un ano máis seguimos apostando polo proxecto de MeteoEscolas e xa temos aquí a nova convocatoria do concurso de fotografía, MOITO OLLO... AO METEORO! este ano cunha novidade: faremos tres convocatorias ao longo do curso, unha por cada estación do ano (outono, inverno e primavera). Con elas pretendemos que os nenos/as se fixen nos cambios da paisaxe ao longo de cada estación. Podedes consultar as bases no seguinte cartel. 

 

 Animádevos a participar! 

CHARLAS SOBRE INCENDIOS FORESTAIS

Dentro do proxecto de VOZ NATURA, desenvolveuse esta semana, concretamente o 7 de novembro, unha actividade moi interesante: unhas charlas centradas principalmente nos incendios forestais e nas consecuencias para os nosos bosques e a nosa vida. Charlas efectuadas en dúas sesións: unha para o alumnado de 5º e 6º e outra para os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria, na que ademais de atender á exposición do poñente, fixeron un montón de preguntas sobre o tema e explicaron tamén as súas vivencias con relación ao mesmo. 

Se premedes na seguinte imaxe teredes máis información no blog de VOZ NATURA "Entre salgueiros, bidueiros e carballos":

 

O NOSO PATRIMONIO: AFONDANDO EN OURENSE

Seguramente moitos de vos vistes esta nova no xornal LA VOZ DE GALICIA o pasado sábado 16 de xuño. 

Se queredes saber como os alumnos e alumnas de 4º de primaria se converteron en guías turísticos por un día, non deixedes de premer no seguinte enlace e veredes todo o traballo previo de investigación que realizaron e o resultado final do seu esforzo: a guía turística da cidade de Ourense que elaboraron.

- ESTUDANDO O NOSO PATRIMONIO: AFONDANDO EN OURENSE.

AQUALOXÍA

Os alumnos e as alumnas de 3º de primaria realizaron no centro o pasado 27 de abril un taller práctico sobre a auga denominado "AQUALOXÍA", taller promovido por VIAQUA en colaboración co Concello de Ourense. 

O obxectivo desta actividade é o de concienciar aos rapaces e rapazas sobre a importancia do medio ambiente e da auga. Da man de dous monitores coñeceron o proceso que segue a auga nas cidades mediante recursos dixitais e interactivos.

Primeiramente nun vídeo coñeceron a Minerva, Qualo, Vitrubio, Clara e Salvador (personaxes de debuxos animados) que lles foron explicando o ciclo natural da auga e o seu ciclo urbán: a súa potabilización, a distribución, a depuración... ao mesmo tempo os nenos e nenas foron realizando xogos, actividades prácticas e experimentos: como analizar e limpar a auga, como facer que chegue ás casas...

 "Os principios pedagóxicos nos que se fundamenta Aqualogía baséanse en metodoloxías didácticas que posibilitan a educación urbana dos máis pequenos. Ademais de achegar aos estudantes o coñecemento dos ciclos natural e urbano da auga, a través de material audiovisual, de experimentos prácticos e xogos, este programa didáctico trata de potenciar a participación e interacción dos alumnos." (sinopse extraída da páxina de educación (programas) do Concello de Ourense). 

Ao final os alumnos recibiron un diploma pola súa participación neste taller que para eles resultou moi divertido e motivador polo seu carácter tan interactivo e práctico.

 

 

CHARLAS SOBRE HIXIENE BUCO-DENTAL

Conscientes da importancia de adquirir bos hábitos de saúde dende os primeiros anos da vida, dende o centro participamos nun programa de Educación Buco-Dental patrocinado polo Concello de Ourense.

A actividade consistiu en dúas charlas que tiveron lugar o pasado 17 de abril no noso centro: unha  destinada aos alumnos e alumnas de 1º de primaria e outra aos rapaces e rapazas de 4º de primaria.

 

OBXECTIVOS PROGRAMA EDUCACIÓN BUCO-DENTAL

  Conseguir que os alumnos coñezan a importancia de conservar e manter unha adecuada hixiene oral, ademais de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia podan evitar enfermidades bucodentales posteriores.     
Realizar un correcto cepillado dos dentes.
Identificar as principales partes da boca e a súa utilidade.
Descubrir os principais amigos / inimigos da saúde bucodental.                                                                        Recoñecer e evitar os alimentos carioxénicos  
Recoñocer que o fluor aumenta a resistencia do esmalte bucodental.                                                                    Recoñecer ao dentista como o profesional que coida da saúde bucodental.

Os pequenos e pequenas de 1º recibiron unha charla máis básica sobre o coidado da boca e logo practicaron todos como se fai un correcto cepillado dos dentes nunha mandíbula de plástico. Xa veredes na seguinte presentación de fotos como se esforzaron para facelo como lles explicaba o dentista que impartiu a charla. Os maiores de 4º de primaria recibiron máis información sobre os problemas da boca (carie, bacterias... ), mantiveron un coloquio onde fixeron gran cantidade de preguntas e expuxeron as súas dúbidas sobre o coidado diario da boca e dos dentes e finalmente tamén practicaron o cepillado correcto dos dentes.

 

O XINETE DAS ÁRBORES

Por segunda vez este curso recibimos a visita de Anxo Moure, escritor, contacontos e ecopacifista, que nos veu contar as historias de CARAMULO, O  XINETE DAS ÁRBORES, do CARBALLO CON BOTAS que naceu dentro dunha bota vella despois dun incendio forestal, de COURELIÑA, a pastora do COUREL, das árbores que nos coidan e nos fan máis fortes e sans, de como debemos sentilas, abrazalas, coidalas, coñecer os seus nomes (teixos, bidueiros, buxos, aciñeiras, sobreiras, castiñeiros...) e de como debemos berrar moi alto a todos: NON PRENDAS LUME!!, para salvar as nosas árbores e os nosos bosques.

Os nenos e nenas de 6º de infantil e de 1º de primaria, que asistiron a esta sesión celebrada no noso centro o pasado 09 de abril, desfrutaron e participaron activamente con Anxo Moure que con contos, cantigas, xogos e "moita risa" bailou finalmente con eles dicíndolles: "Remataremos plantándonos todas e todos con forma de árbores a favor dos nosos bosques, transformándonos en nenas e nenos xinetes das árbores, esperanza dos bosques". 

 

Powered by Drupal - Design by artinet