Celebracións anuais

NADAL 2019

Publicamos un anticipo das actividades realizadas ao longo deste NADAL 2019 coa publicación dos vídeos das diferentes actuacións do FESTIVAL DE NADAL. 

Pasade as páxinas premendo no botón lateral   e logo premede no botón     para ver as distintas actuacíóns.

 

NADAL 2019

 

Convidámosvos a todos a asistir á función de Nadal que realizaremos o vindeiro venres 20 de decembro ás 10:30 h. Esperámosvos!!! Este é o programa das diferentes actuacións: 

ACTIVIDADES DA I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE

Como informamos nunha entrada anterior, celebramos no colexio a I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE co fin de impulsar valores como a autoestima, a tolerancia, o respecto, a integración, a solidariedade e ao mesmo tempo fomentar actitudes críticas contra calquera forma de discriminación e/ou maltrato. 

Rematamos esta semana de actividades coa celebración do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. Esta conmemoración, cada 25 de novembro, denuncia a violencia que se exerce sobre as persoas ao ser discriminadas polo seu xénero e a petición de medidas para a súa erradicación, obstáculo para alcanzar igualdade, desenvolvemento, paz, e o respecto aos dereitos humanos de mulleres e nenas. 

Para esta data eleximos un lema "QUE NON TE CALE A VIOLENCIA" que plasmamos nun mural e cada neno interpretou plasticamente. Logo nun acto conxunto, favorecendo a convivencia e a integración, cantamos e bailamos cancións defendendo a diversidade, a non discriminación e o dereito das mulleres a ser libres. 

Se premedes na seguinte imaxe podedes ter toda a información, sobre esta actividade e todas as demais que se realizaron ao longo da semana, no blog da bilioteca escolar, dende a cal e, en colaboración co departamento de orientación, se organizaron as mesmas:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SAMAÍN - HALLOWEEN 2019

Así celebramos o SAMAÍN-HALLOWEEN no colexio:

1. Adornamos aulas e corredores.

2. Decoramos portas.

3. Fixemos o tradicional obradoiro de cabazas na biblioteca.

4. Expuxemos as cabazas decoradas na entrada do cole.

5. Realizamos distintos tipos de manualidades.

6. Creamos "monstros" divertidos.

7. Lemos libros de "moito medo".

8. Tivemos merendas "terroríficas".

9. ... e viñemos ao cole disfrazados de bruxas, esqueletos, monstros, demos, vampiros e pantasmas!!!. 

 

(Se premedes en cada número da imaxe superior poderedes ver unha presentación de imaxes de cada actividade realizada). 

VI APADRIÑAMENTO LECTOR

Con motivo da celebración o 23 de abril do DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR o Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar organizou o VI APADRIÑAMENTO LECTOR. Esta actividade que tanto gusta a todo o alumnado do cole, tivo que celebrarse este luns día 29 de abril por culpa do mal tempo, xa que ao contar o centro con moitos espazos exteriores resulta máis motivador e gozoso realizalo ao aire libre. 

Se premedes nas imaxes veredes no blog do equipo de biblioteca todas as fotos desta actividade e doutras que se celebraron ao longo da semana do libro:

DÍAS MUNDIALES DOS BOSQUES, DA AUGA E DA METEOROLOXÍA

Un ano máis celebramos na semana do 18 ao 24 de marzo o DÍA MUNDIAL DA AUGA (21 de marzo), o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES (22 de marzo) e o DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL (23 de marzo), con diversas actividades para destacar a importancia destes elementos na nosa vida e en toda a natureza e sensibilizar sobre o coidado e protección do medio ambiente en xeral. Destacamos algunha delas:

1- Plantación de árbores. Os máis pequenos/as do cole plantaron castiñeiros e carballos a partir de castañas e belotas que trouxeron das súas casas. 

2- Os maiores de 4º, 5º e 6 plantaron 3 bidueiros que nos enviou a Deputación Provincial. Primeiramente nas aulas traballaron o libro "DAMA DE AUGA E O SEGREDO DAS ÁRBORES", (enviado tamén pola Deputación Provincial), libro que ten como protagonista á Dama de Auga, amiga das augas e das árbores que vivía nas terras de Ourense xunto coas ninfas e os gnomos e que loitará para liberar e salvar da contaminación dez árbores que aparecen na historia.

 Cada curso púxolle o nome ao seu bidueiro e encargarase do seu coidado. 

3- Dende o equipo de biblioteca tamén quixeron que a sensibilización cara o coidado e protección do medio ambiente foran o eixe da temática para a celebración do DÍA MUNDIAL DA POESÍA (21 de marzo). Así xa expuxeron as poesías que sobre A NATUREZA  realizaron os alumnos e alumnas do centro.

 

 (Premede na imaxe para ver todas as poesías no blog do equipo da biblioteca escolar).

4- Realizouse a selección de fotografías do concurso fotográfico sobre o inverno que convocara o equipo de METEOESCOLAS do centro (da que vos informaremos en breve). 

DÍA GRANDE DO ENTROIDO 2019

"O NOSO BOSQUE FOI ESTRAGADO, QUEIMADO...

TEREMOS QUE LOITAR PARA QUE SEXA SALVADO 

E VOLVER A CONVERTILO NUN BOSQUE ANIMADO"

Por iso neste entroido mouchos, curuxas, fadas,

trasnos, excursionistas, ninfas, lobos... foron desfilando

e... "QUE VOLVA AO BOSQUE A VIDA" ían cantando.  

1. Os trasnos xoguetóns brincan e bulen, 

correndo polo bosque, escapan do lume.

2. O bosque está en cinzas, negro, queimado...

loitaremos xuntos para poder reanimalo.

3. Lobos ouvean no medio da noite escura

feridos e tristes buscan do bosque a cura.

4. Os mouchos queren que volva á fraga a vida

animándoa coa súa vistosa plumaxe colorida. 

5. As ninfas que coidan das árbores, plantas e flores,

limpan os ríos, os regatos e as fontes.

6. Tamén as etéreas fadas, gardiás da natureza,          

percorren soutos, fragas...devolvéndolles a súa beleza.

7. Polas carballeiras excursionistas van camiñando...

observando, limpando e o monte coidando. 

8. Os leñadores amantes das árbores nosas

cortan o eucalipto e repoboan con especies autóctonas. 

9. Ata novos "Robin Hood" queren unirse á nosa loita

"COIDA A NATUREZA" xa todo o mundo escoita. 

 

O noso entroido nos xornais impresos:

LA VOZ DE GALICIA:

FARO DE VIGO:

LA REGIÓN:
 
 
 
E nas edicións dixitais:
 
                                        GALERÍA DE FOTOS
 
 
 
 

ENTROIDO 2019: ORDES DO MECO

E comezamos a semana máis "entroideira" do ano cos mandadiños do noso meco, que todos os nenos e nenas do cole cumpriron á perfección:

1- O LUNS, cansados de troulear a fin de semana.. custa erguerse da cama

pois non se diga máis... imos todos ao cole en pixama!!


 2- O MARTES soñamos con viaxar: Francia, China, México, Xapón...

    que bonitos países para ir de vacacións!!

 

3- O MÉRCORES sufrimos unha invasión: princesas, superheroes, Mario, Brancaneves...

... todos os personaxes de ficción que imaxinedes!! 

4- E por último O XOVES non paramos de cantar e bailar...

iso si... só bo rock and roll  a rabiar!!!

 

ENTROIDO 2019: ORDES DO MECO

E comezamos a semana do entroido coas tradicionais ORDES DO MECO, atentos, comezamos o LUNS vestidos con PIXAMA e remataremos o venres co noso desfile do BOSQUE ANIMADO!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet