Celebracións anuais

OBRADOIRO DE MÁSCARAS DO ENTROIDO OURENSÁN

Xa nos estamos achegando cara á celebración do ENTROIDO, pero este ano, por causa da situación sanitaria que padecemos, tamén teremos unha celebración algo distinta, esta semana non celebraremos a tradicional semana das ordes do Meco, aínda que esperamos disfrazarnos o vindeiro venres, 12 de febreiro. 

Pero os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria xa participaron nun obradoiro sobre esta celebración tan arraigada no pobo galego, e particularmente no ourensán. Ao centro desprazáronse uns monitores do Concello de Ourense, entidade que patrocinaba a actividade, para realizar un obradoiro sobre AS MÁSCARAS DO ENTROIDO OURENSÁN que consistiu en dúas partes ben diferenciadas:

- Unha parte teórica: nun mapa da provincia de Ourense, os monitores fóronlles sinalando as vilas ourensáns onde se celebra esta festa de forma máis relevante, explicándolles cales eran os seus os costumes e os traxes típicos.

- Unha parte lúdica e plástica: os nenos e nenas decoraron en principio 4 das personaxes típicas do entroido ourensán: A PANTALLA DE XINZO DE LIMIA, O CIGARRÓN DE VERÍN, O BOTEIRO DE VIANA E O PELIQUEIRO DE LAZA. Finalmente tamén decoraron un BOTEIRO DE VILARIÑO DE CONSO

O principal obxectivo do obradoiro era: "contribuír a conservación das nosas tradicións dunha maneira lúdica e pedagóxica traballando distintas áreas de coñecemento como son a plástica e a pintura, a lingua galega e as ciencias sociais". 

Aos alumnos e alumnas encantoulles esta actividade que remataron adornando a porta da súa aula coa máscara dun BOTEIRO DE VIANA. 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2021

Un ano máis celebramos no colexio esta data tan significativa, aínda que dunha maneira un pouco diferente, ao non poder facer actos conxuntos, fóra dos grupos estables ou grupos "burbulla". 

Na clase traballáronse aqueles valores relacionados coa PAZ E A NON VIOLENCIA, con vídeos, cancións, lecturas... e todo isto reflectiuse nos traballos que se realizaron nas diferentes aulas: BRAZALETES para lucir estes días nos brazos con lemas, palabras e frases alusivas a esta conmemoración. Tamén se fixeron MUÍÑOS DE PAPEL e cartolina que se decoraron tamén con frases, palabras e debuxos e que logo se "plantaron" en macetas e noutros recipientes para decorar con eles corredores e ventás. 


 

SAÍMOS NO XORNAL: NADAL 2020

No xornal LA REGIÓN do pasado mércores, 13 de xaneiro, saiu publicado no suplemento XORNAL ESCOLAR unha selección de fotos do NADAL que celebramos no cole:

CELEBRACIÓN NADAL 2020

Na seguinte presentación tedes un pequeno resumo dalgunhas das actividades que realizamos con motivo da celebración do NADAL, aínda que intentamos manter actividades que realizamos noutros anos, non tivemos máis remedio que mudar algunhas delas, pero destacamos sempre a ilusión e o esforzo dos nenos e nenas para que todo saíra ben.  

 

Premede na pequena frecha    para pasar as páxinas da presentación e no icono  para reproducir os vídeos 

BO NADAL!!!

E  chegou por fin o NADAL, pero claro, este NADAL é un pouco especial... non é posible xuntarnos nin participar nunha celebración conxunta como nos gustaría. Pero, non podemos deixar que os nenos e as nenas perdan a ilusión por estas datas tan entrañables e cheas de ilusión e felicidade para eles.

Así que aínda que sexa sen público, dende os máis cativos ata os maiores, quixeron demostrar as súas grandes dotes como cantantes  e bailaríns e con todo o cariño e coa mesma ilusión de sempre, preparáronse moi a fondo para que gocemos todos xuntos, aínda que sexa dende a distancia.  Ao mesmo tempo, todos, alumnos e mestres, queremos desexar a toda a comunidade educativa un MOI BO E FELIZ NADAL e que o VINDEIRO 2021 nos traiga moita saúde, felicidade...e moitas gañas de seguir cara adiante con forza e ilusión!

Aquí tedes o vídeo feito con anaquiños de todas as actuacións (en vindeiros días estarán dispoñibles as actuacións completas de cada curso):

25 N- DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Na entrada do colexio temos xa exposto o mural conxunto feito entre todo o alumnado do centro para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER:

Para ter máis información sobre esta conmemoración, premede na imaxe que enlazará co blog da biblioteca do centro. 

SAÍMOS NO XORNAL: SAMAÍN 2020

O mércores, 4 de novembro, saímos na edición impresa do suplemento Xornal Escolar que se publica conxuntamente co xornal LA REGIÓN todos os mércores. Neste suplemento, recóllese unha mostra de como foi a celebración da festa de Samaín-Halloween nos colexios. Mirade que guapos e guapas saíron os nosos pequenos e non tan pequenos!!:

SAMAÍN- HALLOWEEN 2020

Estas son algunhas das actividades que realizamos con motivo da celebración do SAMAÍN- HALLOWEEN, sempre cargado de sorpresas e misterios...

1- Un cento de libros podedes ler na nosa biblio que falan de misterios, de pantasmas, de bruxas, de monstros... 

2- O tradicional concurso de Contos de Medo xa está en marcha, esperamos historias cargadas de misterio no Camiño de Santiago.

3- Nas distintas aulas non faltou a decoración e a realización de diferentes actividades plásticas.

4-Coa colaboración dende as casas fixemos unha arrepiante exposición de cadaleitos.

5-Non faltaron as lecturas a media luz.

6- E para rematar... os esperados e terroríficos disfraces!!

 

(Se premedes en cada número da imaxe superior poderedes ver unha presentación de imaxes de cada actividade realizada). 

APADRIÑAMENTO LECTOR NA CASA

Queremos dar as grazas a tod@s pola vosa participación na actividade "APADRIÑAMENTO LECTOR NA CASA" que convocamos con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DO LIBRO, o pasado 23 de abril.

Aquí vos deixamos o vídeo co resumo das imaxes. E o máis importante, non esquezades que TODOS OS DÍAS TEN QUE HABER UN MOMENTO PARA A LECTURA NA CASA!!

Powered by Drupal - Design by artinet