Curso 2023-24

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 está aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2024/2025. Nos seguintes enlaces tedes toda a información:

  ORDE COMPLETA DA CONVOCATORIA

  ACCESO Á APLICACIÓN FONDOLIBROS

  ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA ONDE SE RECOLLE A   DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

  ANEXO I  (solicitude) e  ANEXO II (comprobación membros computables da unidade familiar)

 

 

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO 2024

Nesta ocasión o Equipo de Biblioteca, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propuxo ao alumnado que nos contara cal é o seu libro favorito. Aos máis cativos-as entregóuselles unha ficha na que tiñan que debuxar o libro elixido mentres que aos/ás máis maiores se lles pediu que fixeran un pequeno resumo do libro que máis lles gusta. Nesta publicación podedes ver o resultado do gran traballo que fixeron convertido nunha revista dixital coas súa recomendacións lectoras. Na biblioteca queda a versión impresa.

 Revista Dixital Dia Do Libro

 
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLO VOSO TRABALLO!!!
Ademais desta actividade tamén levamos a cabo o apadriñamento lector que tanto lle gusta ao alumnado. Que ben o pasan lendo uns aos outros diversos contos seleccionados da biblioteca. 

Conmemoramos o Día Internacional da Muller

 

O EDLG, en colaboración co equipo de biblioteca, propuxo para a conmemoración do Día internacional da muller (8M) un divertido xogo que axudou a que os rapaces e rapazas do centro coñeceran un pouco máis ás mulleres traballadoras do mesmo. Trátase dun Quen é quen titulado “As mulleres do meu cole”. 

 Na biblioteca colocamos un panel con fotos de cativas de mulleres traballadoras  do centro que voluntariamente se prestaron a participar (mestras, persoal de limpeza, persoal non docente) no xogo. A través dun código QR o alumnado accedía a unhas pistas (un genially) que lles axudaron a descubrir de quen se trataba.

 

O venres 22 de marzo tivemos acceso á solución do xogo e soubemos tamén cal foi a aula que máis acertos tivo obtendo así o diploma “Á mellor clase de detectives do 8M” xunto cun pequeno agasallo, un xogo para a aula en galego. 

 Por outra banda, aproveitando que o alumnado do centro está a viaxar por diferentes países grazas ao PDI deste curso “Unha viaxe polo mundo”, pedímoslles que investigaran sobre algunha muller relevante do seu país co que fixemos unha pequena exposición na entrada do colexio.

Por último, coas fichas técnicas que cubriron coa información das mulleres sobre as que investigaron, e xa que coincidía tamén a semana da prensa, fixemos unha revista dixital á que podedes botar unha ollada nesta mesma publicación. 

CELEBRANDO A DIVERSIDADE DAS PERSOAS

Para seguir recordando cada día a diversidade das persoas que nos rodean realizamos no centro varias actividades de concienciación neste caso sobre o autismo e o síndrome de down.


 

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Celebramos o Día de Rosalía recitando o seu poema ADIOS RÍOS, ADIOS FONTESr, mentres montabamos un póster coa súa imaxe onde cada peza foi decorada nas distintas aulas dando unha apariencia diversa e creativa.

Premendo na seguinte imaxe podedes ver a creación do póster

u

 

Powered by Drupal - Design by artinet