O martes 19 de febreiro alumnos e alumnas de 5º de primaria acudiron ao Liceo de Ourense para asistir ao encontro coa escritora IRIA MISA, unha das xoves escritoras galegas de literatura infantil e xuvenil. O encontro enmárcase dentro da actividade ENCONTROS CO AUTOR/A promovida polo CONCELLO DE OURENSE co fin de poñer en contacto directo aos nenos e nenas cos autores e ilustradores e dar de coñecer de preto o seu traballo.
Como paso previo a este encontro os alumnos de 5º leron nas aulas o último libro da escritoria: MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST, libro no que se trata o tema do respecto ás diferenzas coa historia de Aine, que aínda que naceu con corpo de nena en realidade séntase neno. A sú loita para que a entendan e a acepten tal e como é, e o seu desexo, despois de visitar cos seus pais unha exposición sobre o músico David Bowie, de ser como Ziggy Satardust, o personaxe creado por Bowie, son as claves deste libro que dende o primeiro momento "enganchou" aos nenos e nenas.
Durante o encontro o alumnado coñeceu en boca da autora como se fraguou o libro, porque escolleu este tema, a súa devoción por David Bowie... a continuación os rapaces e rapazas fixéronlle preguntas sobre a súa vida e a súa obra, e Iago, un dos nosos alumnos, propúxolle o título do seu próximo libro: MAMÁ, XA SON ZIGGY STARDUST, proposta que lle encantou á autora e indicou que tomaría nota da mesma.
Finalmente asinoulles o libro e fixéronse unha foto con ela para recordar este día tan especial.