TALLER DE FROITAS (SEMANA DA SAÚDE 2017)

Os nenos e nenas de 3 anos tamén realizaron o seu obradoiro, a eles tocoulles un obradoiro de froitas. Primeiro escoitaron ao monitor do taller que lles ensinou láminas con froitas variadas, ademais de explicarlles os nomes de todas e das súas características principais, faloulles do bo que é comer froita fresca e como o noso amigo "cardio" se pon contento cada vez que a tomamos. Logo observaron as láminas e falaron sobre as froitas que aparecían na lámina que lles tocou a cada un. E o mellor foi o remate: elaboraron brochetas de froitas!. Que ricas!! ...con anacos de fresa, kiwi, plátano, mazá, mandarina... tan boas estaban que non deixaron nin a proba!. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet