VISITA A ETAP

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de Educación Primaria foron o pasado 27 de abril visitar a Estación de Tratamento de Augas Potables (ETAP), situada no barrio de San Francisco de Ourense, para coñecer "in situ" todo o proceso de potabilización das augas.

Con esta actividade, promovida polo Concello de Ourense, preténdese que os rapaces e rapazas coñezan a importancia e necesidade de potabilizar as augas, así como o complicado e custoso labor de captación, potabilización e almacenamento e distribución da auga e, por último, que tomen conciencia da necesidade de non malgastar a auga potable.

A actividade constou de dúas partes ben diferenciadas: primeiramente asistiron a unha charla, acompañada dunha presentación, onde recibiron explicacións sobre a auga e o seu ciclo, o proceso de potabilización... Posteriormente visitaron as instalacións e observaron como se produce o filtrado das augas.

Rapaces e rapazas de 6º durante a charla teórica 
Alumnado de 5º observando o funcionamento da estación potabilizadora 

(Se premes na primeira imaxe accededes a galería de fotos. Premendo na segunda enlazades directamente co blog dos alumnos/as de 5º de primaria onde nos deixan as súas impresións sobre a actividade)

Powered by Drupal - Design by artinet