Para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, o Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar organizou unha nova edición da actividade APADRIÑAMENTO LECTOR. Aproveitando o bo tempo, a actividade realizouse o luns 25 de abril en diversos espazos exteriores do recinto escolar.
Se queredes saber máis sobre a mesma e ver a galería de fotos, facede click nas imaxes para acceder ao blog da biblioteca escolar.