INFORMACIÓN FUNCIONAMENTO COMEDORES ESCOLARES 2023-2024

Aquí tedes toda a información relacionada co comedor escolar para o curso 2023-2024

Ábrese o prazo para solicitar ser colaborador voluntario de comedor (anexo IV).

É recomendable que quen esté interesado en colaborar no servizo de comedor  presente a solicitude o antes posible.

 

 

Aviso: FONDO LIBROS curso 2023-2024

Informamos de que xa está publicado o listado provisional do Fondo de Libros.

Pode consultarse: 

a) na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

b) no taboleiro informativo que está no interior do colexio, en horario de 10h a 13h. 

DICÍMOSCHO NÓS!

 
O alumnado de 4ºA participou na actividade titulada “Dicímoscho Nós”. Trátase da creación dun vídeo, baseado no coñecido proxecto “Dígocho eu” da CRTVG, no que se representan distintas situacións nas que se cometen erros lingüísticos comúns e se anima a empregar a lingua galega correctamente. 
Parabéns, artistas.

ENQUISA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2023-2024

Accedede á enquisa da ANPA para indicar as actividades que son do voso interese papa o próximo curso 2023-2024.

PRAZO MATRÍCULA

O PRAZO DE MATRÍCULA ESTARÁ ABERTO DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO

 Poden recoller a información de toda a documentación a presentar e os diferentes impresos na secretaría do centro ou descargalos premendo na seguinte imaxe. 

        
          

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023/2024

Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 está aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2023/2024. Nos seguintes enlaces tedes toda a información:

  ORDE COMPLETA DA CONVOCATORIA

  EXTRACTO DA ORDE DE CONVOCATORIA

  ACCESO Á APLICACIÓN FONDOLIBROS

  ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA ONDE SE RECOLLE A   DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

  ANEXO I  (solicitude) e  ANEXO II (comprobación membros computables da unidade familiar)

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet