CURSO 2018-19

Un ano máis continuamos desenvolvendo o PROGRAMA SI (SAÚDE INTEGRAL) promovido polo doctor Valentín Fuster a través da Fundación SHE.

Este ano xa están implicados todos os cursos, tanto de Educación Infantil, como de Educación Primaria (recordamos que empezamos no curso 2012-2013 cos pequenos e pequenas de 6º de Educación Infantil que agora xa están en 6º de Educación Primaria!!). Un amplo percorrido onde fomos aprendendo, tanto na escola coma nas casas (mediante os boletíns, retos e actividades que íamos enviando), que a saúde é cousa de todos e que un estilo de vida saudable, dende os primeiros anos da nosa vida, favorecerá a prevención de enfermidades cardio-vasculares e mellorará a nosa saúde en xeral. 

Para comezar esta nova andaina, hoxe deixámosvos a Guía Si, onde teredes toda a información sobre o programa para axudarvos a entender mellor o seu sentido e a súa filosofía.

 

BENVIDA CURSO 2018-19

Esperámosvos o mércores 12 de setembro no horario habitual: de 9:30 a 14:30 (xornada lectiva) e ata as 15:30 para os que fan uso do servizo de comedor escolar.

 

BENVIDOS!!

REPARTO DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE XA PODEDES CONSULTAR O LISTADO DE REPARTO DEFINITIVO DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO (LIBROS DE PRÉSTAMO) PARA 3º. 4º. 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

OBSERVACIÓNS:  Recordade que os días 5 e 6 de setembro deberedes de pasar polo centro para recoller os libros que lle corresponden a cada neno/nena. 

O NOSO PATRIMONIO: AFONDANDO EN OURENSE

Seguramente moitos de vos vistes esta nova no xornal LA VOZ DE GALICIA o pasado sábado 16 de xuño. 

Se queredes saber como os alumnos e alumnas de 4º de primaria se converteron en guías turísticos por un día, non deixedes de premer no seguinte enlace e veredes todo o traballo previo de investigación que realizaron e o resultado final do seu esforzo: a guía turística da cidade de Ourense que elaboraron.

- ESTUDANDO O NOSO PATRIMONIO: AFONDANDO EN OURENSE.

NOVAS ANPA CURSO 2018-19

 

A ANPA do centro ofrece para o vindeiro curso 2018-19 o servizo de MADRUGADORES ou ACOLLIDA TEMPERÁ para todo o alumnado do centro.

E o servizo de CAMBIO DE MUDA  para o alumnado de educación infantil.  

   Premendo nos seguintes enlaces podedes descargar    o  impreso de solicitude onde ademais figura toda a                               información.

SERVIZO DE MADRUGADORES PARA INFANTIL E PRIMARIA- SERVIZO DE CAMBIO DE MUDA PARA ED. INFANTIL 

 (Máis información no teléfono da ANPA 663 951 651)

LIBROS DE TEXTO 2018-19

Premendo na seguinte imaxe xa podedes acceder á lista de libros de texto e material curricular do vindeiro curso 2018/2019.

Recordamos ás familias do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria que solicitaron a participación no fondo solidario, que deberedes esperar ata a publicación das listas provisionais e definitivas de admitidos para coñecer os libros que vos corresponden e logo mercar soamente os libros que non recibades. 

SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2018/2019

Comunicamos a todas as familias que xa está aberto o prazo para presentar a solicitude para poder facer uso do servizo de comedor escolar o vindeiro curso 2018/2019, para iso deberán presentar a autodeclaración dos prezos públicos e as súas especificacións na secretaría do centro. 

Premendo na seguinte imaxe poden acceder a máis información sobre prazos, requisitos... e tamén poden descargar o modelo de autodeclaración:

 

Así mesmo tamén se comunica ás nais, pais ou titores legais dos/as alumnos/as que desexen colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, que dende o día 22 de xuño e ata o 11 de setembro, está aberto o prazo de inscrición nas listas habilitadas para este fin na secretaría do centro. Recorden que para poder colaborar é requisito obrigatorio presentar unha certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais (Lei 26/2015, de 28 de xullo, de Modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia).

FESTA VOZ NATURA

Xa temos aquí algunhas das fotos tomadas no PHOTOCALL que sobre o PATRIMONIO instalamos na FESTA DE VOZ NATURA 2018.

LETRAS GALEGAS 2018

O pasado 16 de maio un ano máis celebramos cun festival o remate das actividades que con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS  estivemos realizando ao longo deste mes. Participaron todos os niveis e cursos con cancións, bailes, representacións teatrais, ou recitados, nesta xornada festiva que compartimos todos xuntos con ilusión e ledicia.

(Premede en cada pequeno corazón para visualizar as distintas presentacións de imaxes)

Powered by Drupal - Design by artinet