ARTES ESCÉNICAS: BURBUJAS DE PAPEL

Esta vez foron os máis pequenos e pequenas do cole (todo o alumnado de infantil) os que acudiron o 20 de febreiro ao Auditorio Municipal para presenciar o espectáculo BURBUJAS DE PAPEL da compañía MÚCAB DANS. Compañía de danza que combina as artes escénicas e as visuais, para atopar un linguaxe propio nos seus traballos co fin de facer chegar ao público a linguaxe do movemento. 

"Este espectáculo sen palabras combina a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que xoga desde a imaxinación d@ nen@ para ir a un mundo fantástico. Roger, un trompetista namorado das burbullas, coñece unha fada falcatrueira que o axudará a conseguir o seu obxectivo, devolverlle as ganas de xogar, rir, imaxinar e bailar a todo o mundo" (Senopse extraída da páxina web de AFundación).

Os nenos e nenas fixeron un percorrido por un mundo fantástico cheo de burbullas de xabón, de papel, dixitais, de globos, con sombras, con luz negra... un espectáculo máxico e dinámico onde os pequenos e pequenas acabaron participando activamente viaxando a Bombalia, o país das burbullas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet