SAÚDE BUCO-DENTAL: COIDO A MIÑA BOCA

Charla sobre saúde buco-dental: "COIDANDO A MIÑA BOCA", é o título da actividade que se desenvolveu no centro en dúas sesións: unha para o alumnado de 4º de primaria o pasado 7 de febreiro e outra para os nenos e nenas de 3º de primaria o 12 de febreiro. Promovida pola Consellería de Sanidade, os principais obxectivos desta actividade son que os nenos coñezan, partindo do estudo da boca e a dentición, como podemos coidar a nosa boca e evitar enfermidades como a carie: hábitos de alimentación saudables, o correcto cepillado da boca e  revisións periódicas no dentista... axudarannos a manter unha boa hixiene bucal.

Destacar que á charla do día 12 para os nenos e nenas de 3º, acudiu ao centro, ademais da técnica que impartiu as charlas, a Delegada da Xunta de Galicia en Ourense, xunto coa Xefa Territorial de Sanidade e a Xefa Territorial de Educación que coa súa presenza quixeron destacar a importancia que ten o fomento de hábitos saudables para a formación integral do alumnado.

A charla estivo acompañada polo visionado dun vídeo, ademais de prácticas de cepillado e por unha presentación onde destacamos as seguintes imaxes que resumen un pouco o contido da mesma:

 

Por último destacar a publicación nos xornais La Voz de Galicia e La Región, así como na páxina web da Xunta de Galicia o seguimento desta actividade no noso cole por parte das autoridades arriba mencionadas: 

 

 

 ENLACES:

- PÁXINA OFICIAL XUNTA DE GALICIA

- EDICIÓN DIXITAL XORNAL LA REGIÓN

- EDICIÓN DIXITAL XORNAL FARO DE VIGO 

Powered by Drupal - Design by artinet