ALIMENTOS DE TEMPADA (SEMANA DA SAÚDE 2017)

O 7 de abril os alumnos e alumnas de 2º de primaria realizaron o seu segundo taller: ALIMENTOS DE TEMPADA. A súa finalidade: coñecer e valorar os sabores das froitas e verduras de tempada e elexir os pratos e bebidas maís axeitados para o noso corpo segundo cada estación. 

Os monitores presentaron froitas, hortalizas e verduras indicando en que tempada se dan. Logo os nenos, divididos en 4 grupos, elexiron unha estación do ano e tiveron que asociar as froitas e verduras propias da estación que elexiron. Finalmente realizaron plasticamente cadros cos alimentos propios de cada tempada. 

 

 

Na ficha adxunta podedes coñecer as táboas dos alimentos propios de cada tempada:

- Os alimentos de tempada

 

Powered by Drupal - Design by artinet