EMPEZA O DÍA CON ENERXÍA (SEMANA DA SAÚDE 2017)

O 6 de abril, os alumnos e alumnas de 3º de primaria disfrutaron co seguinte taller saudable: "EMPEZA O DÍA CON ENERXÍA". O obxectivo do mesmo era concienciar aos nenos e nenas da importancia de almorzar ben cada día e ensinarlles en que consiste un bo almorzo. Cun bo almorzo dámoslle ao corpo a enerxía suficiente para afrontar as actividades da xornada que comezamos. Son tres os grupos de alimentos que debemos incluír sempre no mesmo: cereais, leite e froita.

Para que coñeceran a gran variedade de almorzos que podemos consumir mesturando os tres grupos de alimentos mencionados, os nenos e nenas coa colaboración de dúas monitoras, prepararon e probaron: batido de plátano e galletas, iogur con cereais e amorodos e torradas de pan con queixo fresco, mel ou anacos de laranxa. Que maneira máis rica e saudable de comezar cada día!!!  

 

 

 

No enlace seguinte tedes toda a información sobre a actividade:

- Empeza o día con enerxía 

 

Powered by Drupal - Design by artinet