OS LEGUMES (SEMANA DA SAÚDE 2017)

O  xoves día 6 de abril o alumnado de 4º curso de primaria participou nun taller sobre uns alimentos nutricionalmente moi completos: os legumes. Coñecer os legumes que máis se consomen e algunhas das súas características e preparar algúns pratos a base de legumes foron os obxectivos básicos deste obradoiro.

Coa axuda dos monitores os nenos prepararon hummus, crema fría de feixóns e ensalada de lentellas, tres pratos para comer legumes en frío. Divididos en grupos, cortaron, aliñaron e mesturaron os ingredientes de cada receita. Despois da elaboración, a degustación. En xeral, os pratos gustaron e mesmo a algúns lles encantaron.

 

 

No seguinte enlace podedes obter máis información sobre os legumes e sobre as receitas que elaboraron no taller:

- Os legumes 

 

Powered by Drupal - Design by artinet