DO LEITE AO IOGUR (SEMANA DA SAÚDE 2017)

O día 5 de abril foron os alumnos e alumnas de 1º os que participaron no obradoiro "Do leite ao iogur". Este taller similar ao de 5 anos, comezou coa lectura dunha historia sobre uns nenos que visitaban unha granxa e alí coñecían o proceso de elaboración do iogur. Logo colorearon, recortaron e ordenaron unhas viñetas onde se resumía a orixe do iogur. Finalmente probaron un iogur ao que lle engadiron cachiños de froitas naturales e/ou froitos secos, e outro ao que lle engadiron puré de froitas trituradas previamente.

Coñeceron así as diferentes posibilidades de combinación con outros alimentos e aprenderon que un iogur completado con froitas ou froitos secos é un alimento completo, nutritivo e divertido. Realmente polo que se ve nas fotos, estaban deliciosos!!.

No seguinte enlace podedes consultar a ficha completa de toda a actividade: 

- Do leite ao iogur 

 

Powered by Drupal - Design by artinet