VOZ NATURA 2016-17

Por terceiro ano consecutivo somos un dos centros seleccionados para participar na XX EDICIÓN DE VOZ NATURA, programa de educación ambiental, que como todos xa sabedes por cursos anteriores, ten como obxectivo principal implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza.

Este é un ano especial porque o programa celebra os seus 20 anos de andadura, ao longo dos cales se levaron a cabo case 4000proxectos. Este curso non existe un tema concreto, coma outros anos, que aune todos os proxectos presentados, así que cada centro elexiu o tema que considerou máis oportuno. Aínda que dende o programa recordarán ao longo do ano con diversas actividades, os cinco principais temas que se desenvolveron ao longo destes 20 anos: 

"a loita contra os incendios forestais, as reforestacións, a limpeza de zonas degradadas, a reciclaxe e os hortos escolares". 

 

 

(Preme na imaxe para visualizar a lista de centros participantes e os seus proxectos)

O noso proxecto este curso centrarase nun novo tema: a reciclaxe, baixo o título: RECICLAMOS LIXO CO MELLOR SORRISO- POR UNHA ESCOLA SOSTIBLE. Sen abandonar as nosas actividades do horto escolar, o xardín dos sentidos, escola ponte guapa, e en xeral, o coidado e mellora do noso entorno escolar. 

Se queredes seguir as nosas actividades tedes que ir ao noso blog de Voz Natura que acaba de estrear cabeceira co novo título do proxecto:

 

Powered by Drupal - Design by artinet