Este curso xa está en marcha o servizo de atención matinal dende as 07:30 ata as 9:30 (hora de entrada ao centro). O custe é de 39,50 euros ao mes por neno/a (inclúe o almorzo).
SERVIZO DE "ATENCIÓN AO ALUMNADO DE INFANTIL NO HORARIO ESCOLAR"
Está pendente de confirmación este servizo. A cuota pode variar de 4 a 10 euros por mes segundo o número de familias inscritas.
REUNIÓN ANPA
No salón de actos do centro, o vindeiro venres, 23 de setembro ás 19:30, celebrarase a primeira reunión do presente curso escolar 2016/17. Nela exporanse as actividades extraescolares, os próximos proxectos e renovaranse os cargos da xunta directiva.