TI RECICLAS, OURENSE GAÑA

Dentro das actividades promovidas polo Concello de Ourense no seu programa de medioambiente, o pasado luns, 7 de marzo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria asistiron á charla "Ti reciclas, Ourense gaña" , impartida no propio centro por un especialista en educación ambiental. O principal obxectivo desta actividade é o de fomentar nos nenos/as hábitos de coidado e protección do medio ambiente con accións que temos cada día ao noso alcance: separar correctamente os residuos que xeramos na casa e/ou no colexio  para que podan ser reciclados. Na charla ademais de explicarlles o significado dos "TRES ERRES" (reduce, reutiliza e recicla) e do funcionamento da planta de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) "onde se recicla todo o susceptible de ser reciclado", coñeceron como se separan os distintos tipos de residuos nos contenedores apropiados para cada un deles, tanto os máis xenéricos (orgánicos, envases, papel e vidro) coma outros que requiren contenedores especiais (pilas, bombillas e lámpadas, mediciñas, aceite usado...)

E para completar esta charla deixámosvos uns enlaces moi interesantes: facendo clic na primeira imaxe podesdes ver uns consellos que publicou SOGAMA para aprender a separar e reciclar e que van dirixidos aos nenos e nenas. E facendo o mesmo na segunda imaxe, tedes acceso a un xogo sobre a reciclaxe:

Powered by Drupal - Design by artinet